Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  Natureza  »  Roteiros de sendeirismo

Rutas de sendeirismo - xaneiro

PA270187

Sábado, 21

Ruta pola Illa de Arousa.

Hora de saída:           09:00 h.

Hora de regreso:       19:30 h. aprox.

Lonxitude da ruta:    23  km aprox.

Desnivel:                     non ten.

Dificultade:                media (a dificultade ven dada polo terreo irregular nalgúns puntos e a lonxitude). 

Nesta ruta faremos todo o perímetro da Illa, comezando a camiñar no peirao de Arousa en dirección norte, en sentido contrario ás agullas do reloxo. Durante o percorrido veremos zonas dun alto interese natural e moi ben conservadas, por exemplo a zona do Carreirón, situada ao sur da Illa. É salientable o número de aves que veñen pasar o inverno a esta zona.

Ao rodear toda a Illa, a paisaxe é fermosísima e moi cambiante: a zona do Barbanza, A Pobra do Caramiñal, o Grove, Cambados, Vilanova....
Cruzaremos algunha praia, zonas rochosas e coídos, aínda que en xeral os camiños son bos.

Importe da ruta:  

Categoría "A": 18 €

Categoría "B": 25 €

Categoría "C": 30 €

Sábado, 28

Sendeirismo en Campo Lameiro. Visita ao Parque Arqueolóxico.

Hora de saída:           09:00 h.

Hora de regreso:       19:30 h. aprox.

Lonxitude da ruta:    11  km aprox. ( 3 dentro do Parque e 8 polos ríos Maneses e Lérez).

Desnivel:                     medio-baixo.

Dificultade:                media-baixa (a dificultade ven dada polo terreo irregular). 

Comezaremos o día visitando o interesantísimo Parque Arqueolóxico eo seu centro de interpretación, que, sen dúbida algunha é unha instalación senlleria en Galicia. Para ver os petroglifos faremos un percorrido guiado duns 3 km de lonxitude por dentro do parque.

Unha vez rematada a visita dirixirémonos cara o río Maneses, moi ben conservado e de paisaxes e vistas fermosas, con numerosos restos de muíños, que dan conta da importancia que nalgunha época tivo este pequeno río. A nosa ruta levaranos ata a súa desembocadura no Lérez o cal seguiremos ata chegar a aldeíña de Redonde logo de facer una pequena subida, aquí remata a camiñata.

Importe da ruta:  

Categoría "A": 24 €

Categoría "B": 31 €

Categoría "C": 36 €

Para as persoas que posúan bonos de sendeirismo o curso sería de 1 bono e deben aboar a cantidade de 6 € pola visita guiada ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

 

Nota importante: en caso de anulación, ésta será admitida ata o mércores antes da ruta e sempre coa debida xustificación.  

Consideracións xerais:    

  • Para inscribirse en calquera actividade deportiva é necesario estar dado de alta como USUARIO DE DEPORTES da USC para este curso academico (desde setembro de 2011 a agosto de 2012).  

    Máis informacións en: http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/normativas

    Importes:            CAT. A: 0 €            CAT. B: 4 €                 CAT. C : 6 €

  • Inscricións nas Oficinas de Deportes, sitas na Piscina Universitaria ou a través da nosa páxina web.

  • Prazo de inscrición: ata o anterior ao día da rota ou ata acabar as prazas se éstas se esgotan antes.

  • Nº de prazas: mínimo 15. Máximo 45. (Se non se acada o mínimo de persoas procederase a anular a saída e a devolución do seu importe). 

  • SAÍDAS: Tanto as saídas como as chegadas serán diante da Piscina Universitaria (Campus Sur).

  • Os menores deberán ir acompañados dunha persoa maior (pai, nai ou titor) que será en todo momento o seu responsable.

Material necesario:

  • Calzado cómodo e apto para facer sendeirismo.

  • Roupa cómoda e axeitada (roupa de abrigo e de auga, gorra e protector solar)

  • Mochila con comida e auga para o día.

  • Non estaría mal facer uso, tamén, dun bastón de sendeirismo, para axudarnos nas costas.  

Non esquenzades a vosa mochila con comida, auga e todo o que precisedes para a ruta.

          

  • Eventos
  • Novas