Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  Venda de Bonos

Venda de Bonos

A través desta páxina os usuarios de deportes da USC poden adquirir bonos de práctica libre (uso de instalacións) ou de sendeirismo mediante o pago a través de TPV virtual.

Bonos e pases de práctica libre

Estes bonos dan acceso ás diferentes instalacións para realizar una práctica deportiva autodirixida con fins de saúde, lecer ou rendemento.

Poden adquirirse tamén nas instalacións deportivas e nas oficinas do Servizo de Deportes presentando a TUI e un documento identificativo.

Só pode facer uso a persoa titular dos mesmos. Na compra a través de interner o bono queda asignado ao usuario que se identifica para realizar a operación.

Os pases e bonos de práctica libre só son válidos durante o periódo de validez establecido e sempre e cando o titular sexa usuario de deportes da USC no curso en que se queira utilizar.

Se cadra un cambio de curso durante o período de validez do bono de práctica libre o titular deberá darse de alta no novo curso para poder seguir facendo uso do mesmo.

Ver oferta

Bono de sendeirismo 2011-2012

Para facilitar a inscrición nos roteiros de sendeirismo programados, a Área de Deportes da USC crea os BONOS DE SENDEIRISMO de 10 e de 5 usos.

Enténdese por uso de cada bono ao importe que corresponde a cada un dos días das rutas celebradas (de 1 ou 2 días). 

Exclúese do valor do bono o importe dos gastos de hospedaxe e manutención e as saídas de máis de 2 días.

O bono da dereito á inscrición do seu posuinte en cada unha das rutas programadas polo Servizo de Deportes, (sempre dentro dos períodos de inscrición establecidos). Esta inscrición pódese facer telefónicamente ou a través da nosa páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/matricula.html

A vixencia dos bonos é desde o 17 de setembro  de 2011 (día da primeira ruta)ata o 31 de agosto de 2012, unha vez pasado este período pérdense os usos non consumidos.

O bono debe tramitarse nas Oficinas do Servizode Deportes da USC, sitas no edificio da Pisicna Universitaria no 1º andar, en horario de 9:00 h. a 14:00 h. 

O importe dos bonos de sendeirismo é o seguinte, en función das categorías:

  • BONO DE 10 USOS: 
    • Categoría “A”: 159 €
    • Categoría “B”: 230 €
    • Categoría "C": 270 €
  • BONO DE 5 USOS:
    • Categoría “A”: 84 €
    • Categoría “B”: 121 €
    • Categoría "C": 143 €

 

Mercar bono