Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Competicións universitarias  »  Ligas universitarias  »  Liga de deportes tradicionais

Liga de deportes tradicionais (billarda, bolos celtas, chave)

Regulamento xeral curso 2011-12

1.-INSCRICIÓNS:
  • O prazo de inscrición será ata o 15 de marzo de 2012.
  • Todos os participantes, para inscribirse nun equipo, antes deberán darse de alta como Usuario de Deportes.
  • O delegado ou a delegada serán os responsábeis de toda a tramitación para a inscrición do equipo.( ver instruccións de pasos para inscribir equipos na páxina Web de Deportes USC ).
  • A Taxa de inscrición de equipo será 26 €. 
2.-EQUIPOS:
  • Os equipos serán mixtos.
  • O nome do equipo que se inscriba deberá corresponder cun nome dunha facultade, dun centro da Universidade ou dun nome que entronque coa tradición cultural galega e terá como máximo 20 díxitos.
  • Nº de xogadores-as inscritos por equipo: de 6 a 10.
  • Equipaxe: O equipo deberá ter unha equipaxe de seu e numerada.
3.-PARTICIPANTES:
  • A competición universitaria está aberta tamén para persoas de fóra da Comunidade Universitaria da USC.
  • Os deportistas deberán estar en posesión dun seguro que poida cubrir os posibéis accidentes:
    • Estudantes: Seguro escolar.
    • Docentes e P.A.S.: MUFACE ou Seguridade Social.
    • 3º Ciclo e persoas de fóra da Comunidade da USC: deberán presentar algún tipo de seguro.              
4.-COMPETICIÓN:
  • As modalidades dos Deportes Tradicionais serán : Billarda , Bolos Celtas e  Chave
  • Cada equipo se presentará con 6 xogadores en cada encontró.
  • O delegado deberá presentar ao xuíz-a a Relación dos Xogadores-as e o DNI.
  • Non se poderá inscribir nas actas a ningún xogador-a que non sexa Usuario en Deportes.
  • Os Calendarios da Competición sairán na Web de Deportes USC a partir do 9 de abril de 2012.  
Xornada Informativa, Organizativa e de Práctica :
  • No Campus de Compostela: o mércores, día 28 de marzo de 2012 ás 16.00 horas, no Campo de Futbol da USC.
  • No Campus de Lugo:   haberá 1 xornada de exhibición.  
IMPORTANTE:
  1. Caso de irregularidade dun xogador-a, o seu equipo será sancionado coa descalificación automática.
  2. Lémbrase que a única persoa que se pode dirixir ao xuíz é a delegada ou delegado do equipo.

 

  • Eventos
  • Novas