Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Instalacións  »  Reserva de instalacións

Reserva de instalacións para práctica libre

Pavillón polideportivo

Campo de fútbol

Pistas de tenis

Pistas de bádminton e tenis de mesa

Pavillón polideportivo

Quen pode facer unha reserva?

Usuarios de deportes da USC da categoría A.

Quen pode xogar?

Usuarios de deportes da USC.
Non poderá haber no grupo máis dun 20% de usuarios das categorías B e C.

Con que antelación se pode reservar?

6 días.

Por que medios?

  • A través do web os membros da comunidade universitaria identificaránse cos seus credenciais de usuario/a da USC. Os demais usarán un contrasinal que poden solicitar nas oficinas e instalacións do Servizo de Deportes.
  • Persoalmente nas conserxarías das instalacións deportivas ata 15 minutos antes da hora de peche.

Cales son as formas de pago admitidas?

Persoalmente:
  • Tarxeta de crédito
  • Efectivo ata 10 €
  • Ingreso bancario*
A través do web:
  • Tarxeta de crédito*
*Anúlase a reserva se 24 horas antes non está confirmado o pago.

Tipo de quendas e cantas 

Unha de unha hora. 

Posibilidades de modificación da reserva 

Pódense solicitar cambios da reserva persoalmente ou por teléfono (881813595)  e realizar cambios a través do web ata 24 horas antes.
Non se realizarán anulacións con devolución das reservas pagadas, por propio interese do usuario.

Modalidades que se poden practicar

  • Media cancha 1: baloncesto
  • Media cancha 2: baloncesto e voleibol
  • Cancha completa: balonmán e fútbol sala
TARIFA
Categoría Media cancha Cancha completa
A 2.50 € 4.50 €

  

Reservar

Campo de fútbol

Quen pode facer unha reserva?

Usuarios de deportes da USC da categoría A.

Quen pode xogar?

Usuarios de deportes da USC.
Non poderá haber no grupo máis dun 20% de usuarios das categorías B e C.

Con que antelación se pode reservar?

6 días.

Por que medios?

  • A través do web os membros da comunidade universitaria identificaranse cos seus credenciais de usuario/a da USC. Os demais usarán un contrasinal que poden solicitar nas oficinas e instalacións do Servizo de Deportes.
  • Persoalmente nas conserxarías das instalacións deportivas ata 15 minutos antes da hora de peche.

Cales son as formas de pago admitidas?

Persoalmente:
  • Tarxeta de crédito
  • Efectivo ata 10 €
  • Ingreso bancario*
A través do web:
  • Tarxeta de crédito*
*Anúlase a reserva se 24 horas antes non está confirmado o pago.

Tipo de quendas e cantas

Unha de unha hora e media.

Posibilidades de modificación da reserva

Pódense solicitar cambios da reserva persoalmente ou por teléfono (881815223) e realizar cambios a través do web ata 24 horas antes.
Nas instalacións exteriores pódense solicitar cambios, persoalmente ou por teléfono, ata a hora de comezo do aluguer se as condicións meteorolóxicas impiden a práctica.
Non se realizarán anulacións con devolución das reservas pagadas, por propio interese do usuario.
 
TARIFA
Categoría Medio campo Campo completo
A 2.50 4.50
 

Reservar

Pistas de tenis

Quen pode facer unha reserva?

Calquera persoa.

Quen pode xogar?

Por bono, ata 4 usuarios de deportes da USC.
Por reserva puntual, ata 4 persoas.

Con que antelación se pode reservar?

6 días.

Por que medios?

  • A través do web, só usuarios de deportes da USC. É necesario un contrasinal que podes solicitar nas oficinas e instalacións do Servizo de Deportes, os membros da comunidade universitaria identificaranse cos seus credenciais de usuario/a da USC.
  • Persoalmente na conserxaría da piscina de  luns a venres ata as 21:45 e sábados ata as 13:30 durante os períodos de horario normal e ata 15 minutos antes do peche nos períodos de horario reducido.
  • Por teléfono (881815079), só os titulares de bonos de reserva, na mesma conserxaría e horario dando o número de DNI.

Cales son as formas de pago admitidas?

Persoalmente:
  • Tarxeta de crédito
  • Efectivo ata 10 €
  • Bono
A través do web
  • Tarxeta de crédito*

*Anúlase a reserva se 24 horas antes non está confirmado o pago.

Tipo de quendas e cantas

Unha de unha hora.

Posibilidades de modificación da reserva

Pódense solicitar cambios da reserva persoalmente ou por teléfono  e realizar cambios a través do web ata 24 horas antes.
Por motivo de chuvia pódense solicitar cambios persoalmente ou por teléfono:
  • Nos días de semana, ata a hora de comezo do aluguer.
  • En fins de semana e festivos, o primeiro día laborable despois da hora reservada.

Posibilidades de anulación da reserva

Pódese solicitar, persoalmente ou por teléfono, e realizar a través do web a anulación da reserva pagada por bono coa restauración do consumo ata 24 horas antes.
Non se realizarán anulacións con devolución das reservas pagadas, por propio interese do usuario.

Disfrute da reserva

Unha vez realizada a reserva os/as usuarios/as dirixiranse no horario elexido á pista seleccionada, as pistas están numeradas na parte alta da cerca. Para resolver calquera incidencia diríxanse á conserxería da piscina universitaria.
 
TARIFA
Categoría A B C
Pista / hora 3 € 5 € 6.5 €
ou bono
 

Reservar

 

Pistas de bádminton e tenis de mesa

Quen pode facer unha reserva?

Usuarios de deportes da USC.

Quen pode xogar?

Usuarios de deportes da USC.

Con que antelación se pode reservar?

6 días.

Por que medios?

  • A través do web é necesario un contrasinal que podes solicitar nas oficinas e instalacións do Servizo de Deportes, os membros da comunidade universitaria identificaranse cos seus credenciais de usuario/a da USC.
  • Persoalmente nas conserxarías das instalacións deportivas ata 15 minutos antes da hora de peche.
  • Por teléfono (881813595)), só os titulares de bonos de reserva, dando o número de DNI.

Cales son as formas de pago admitidas?

Persoalmente:
  • Tarxeta de crédito
  • Efectivo ata 10 €
  • Ingreso bancario*
A través do web:
  • Tarxeta de crédito*
*Anúlase a reserva se 24 horas antes non está confirmado o pago.

Tipo de quendas e cantas

Unha de unha hora.

Posibilidades de modificación da reserva

Pódense solicitar cambios da reserva persoalmente ou por teléfono  e realizar cambios a través do web ata 24 horas antes.

Posibilidades de anulación da reserva

Pódese solicitar, persoalmente ou por teléfono, e realizar a través do web a anulación da reserva pagada por bono coa restauración do consumo ata 24 horas antes.
Non se realizarán anulacións con devolución das reservas pagadas, por propio interese do usuario.
 
TARIFA
Categoría A B C
Pista / hora 2.50 € 4 € 5 €

ou bono

Reservar