Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Estación científica do Courel  »  Actividades

Actividades

 

Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza - P3281V01 - 2012/2013

 É un máster oficial que  reúne  as  temáticas  de  educación  ao  aire libre,  educación  ambiental,  literatura  e  arte  en relación  coa  natureza,  deseño  e  organización de itinerarios e excursións, arquitectura rural e paisaxe,  deporte,  exercitando  aos  estudantes no  desenvolvemento  de  capacidades  para xestión,  organización  e  dirección  de  grupos  e institucións en relación co medio natural.

Ver Tríptico do Máster 2013-14

 

Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

 

O Máster Universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económica e cultural. O seu eixe central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo axeitados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada dende un enfoque multisectorial e transdisciplinar, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.

Páxina web propia do máster