Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Estación científica do Courel

Estación Científica do Courel

Fotografía da Estación Científica do Coruel

Enderezo

Estación Científica do Courel-USC
Seoane do Courel
27324 Lugo (Galicia - España)
Teléfono: 981-563100-14978

Enderezo electrónico: estacion.courel@usc.es
Director: Javier Guitián. javier.guitian@usc.es

Descrición 

A Estación Científica do Courel (ECC) é un edificio singular construido con fondos das Consellerías de Industría e Innovación e de Medio Ambiente, ademais da propia Universidade de Santiago de Compostela, dotado de instalacións e equipamento destinados a apoiar a investigación e a docencia en todas aquelas áreas relacionadas coa montaña galega. A súa construción realizouse ao longo do ano 2009 cun presupuesto lixeiramente superior  a un millón de euros. O funcionamento da ECC ríxese por un regulamento aprobado polo Consello de Goberno da USC.