Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Estación científica do Courel  »  Información complementaria

Información complementaria

Obxectivos

Os seus obxectivos fundamentais son os seguintes:

  1. Potenciar a interdisciplinariedade e a cooperación entre grupos de investigación ao estar concebida como un centro multidisciplinar que dará soporte a proxectos de investigación de distintas áreas.
  2. Contribuir ao desenvolvemento rural da comarca mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada e a xeración dun entorno cultural máis accesible.
  3. Posibilitar unha mellor execución e maior rentabilidade científica dos  proxectos de investigación que se executan na área.

Servizos

Nos seus 900 metros cuadrados, distribuidos en duas plantas e baixo cuberta, a ECC dispón de sala de conferencias (60 prazas), laboratorios de docencia e investigación (16 e 8 prazas respectivamente), salas de estar e traballo ademais de residencia para 8 investigadores. A pranta baixa alberga a aula e os servizos xerais polo que pode ser empregada de xeito independente para todo tipo de actos.

A ECC está dotada de equipamento informático, conexión a internet e material óptico (microscopios e lupas) de investigación.

Que tipo de actividades pode acoller?

A ECC está preparada para acoller no seu seo a organización de cursos e conferencias así como visitas relacionadas coas actividades docentes de diferentes niveis. Asemade a ECC está concebida como residencia de investigadores que realicen o seu trabajo nese contorno.

Dende outra perspectiva a ECC pretende servir de instrumento dinamizador da comarca facilitando a institucións, entidades locais e asociacións o desenvolvemento de todo tipo de actividades.