Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con"  »  Equipamento

Equipamento

As liñas temáticas que poden desenvolverse na EHEC son as relacionadas coa investigación hidrobiolóxica básica e aplicada que se levan a cabo na actualidade na comunidade científica internacional, dende investigacións sobre biodiversidade, ecotoxicología, contaminación e calidade de augas, ata a xestión de poboacións, acuicultura, xenética, modelización limnolóxica, patoloxía en animais dulceacuícolas, etc.

Aloxamento

O centro conta con todo o necesario para permitir ós investigadores vivir na EHEC mentres fan o seu traballo, eliminando deste xeito os trastornos que durante estes periodos -máis ou menos longos- causa a búsqueda de vivenda .

A zoa de aloxamento da EHEC conta con prazas para 14 investigadores distribuidas en catro habitacións, unha atractiva saa común (con TV, sistema video-dvd, etc.), e unha cociña completa, con despensa e electrodomésticos.

Equipamento da estación

No equipamento da Estación de Hidrobioloxía contamos cun aula, biblioteca, saa de ordenadores, almacén de material de campo e un laboratorio húmido con acuarios independentes e dous ríos artificiais.

A aula sitúase no segundo andar e ten capacidade abondo para unhas 40 persoas. O laboratorio húmido consta de 21 acuarios independentes e dous ríos artificiais, que poden ser alimentados por un circuito pechado ou un sistema aberto de circulación. Unha lupa con base móbil permítenos observar o interior dos acuarios. A columna de tamices para determinar granulometrías está tamén neste laboratorio. O almacén de pertrechos alberga o material usado nas tomas de mostras no campo.

O laboratorio seco conta con numeroso material óptico e un completo equipamento para a análise físico-química e bacteriolóxica.

O laboratorio seco conta con 4 lupas Nikon SMZ645, 1 lupa Nikon SMZ1000, 1 lupa Nikon SMZ1500, 2 microscopios Nikon E200, 1 microscopio Nikon Eclipse 80i e un microscopio invertido Nikon Eclipse TE2000-S ós que se lles pode adaptar unha cámara dixital de 12 megapixeles de resolución con software de biometría.

Disponse asimesmo dun completo material para a análise físico-químico: sonda multiparamétrica, balanza de precisión, forno mufla, tamizadora en húmido, centrífuga de sobremesa, sistema de auga ultrapura, espectrofotómetro de cubetas e espectrofotómetro de microplacas.

O material específico para microbioloxía consta de estufa de cultivo, bomba de filtración de auga e autoclave.

Unha lancha de fibra de vidro de 4 m de eslora, dous arcóns conxeladores de gran capacidade e redes e dragas de distintos tipos, completan a dotación deste centro.