A EHEC da USC foi creada co fin de propiciar, fomentar e desenvolver a investigación en Bioloxía das Augas Continentais, facilitando ós investigadores as súas instalacións e medios disponibles para o desenvolvemento dos traballos científicos, proxectos de investigación, tesis doutorais, reunións científicas, o asesoramento e colaboración en materia de investigación con entidades publicas e privadas, o establecemento e coordinación de relacións de intercambio científico con outras Universidades e institucións científicas de España e de outros países.
Os estudios de Hidrobioloxía descritiva e funcional, a traveso do desenvolvemento de diversos proxectos de investigación en ecoloxía das augas doces de ambientes lénticos e lóticos (Producción primaria e secundaria. Dinámica de poboacións. Estudio de ciclos vitais. Ecoloxía trófica. Deriva...) constitúen o corpo fundamental deste bloque e o marco teórico sobre o que se sustentarán os programas de xestión, conservación e recuperación dos ecosistemas acuáticos.
O perfeccionamento da metodoloxía de caracterización da calidade biolóxica das augas epicontinentais (Índices bióticos. Análises Teratolóxicos. Ensaios de Toxicidade. Avaliación de Impactos...), permitirán unha mellor xestión dos recursos, compatibilizando a demanda social sobre a auga e a conservación dos ecosistemas. A estación hidrobiolóxica pretende ser unha ponte na cooperación entre os organismos xestores e os organismos de investigación, onde se acheguen opinións baseadas no adecuado coñecemento dos ecosistemas acuáticos naturais.
A potencialidade da EHEC para o desenvolvemento da docencia é case ilimitada, abranguería a formación práctica de estudiantes Universitarios de 1º e 2º ciclo; o desenvolvemento de cursos de Postgrado en contacto directo co medio acuático; a educación medioambiental en niveis non universitarios (Ensino secundaria, Formación Profesional, etc.) e cursos de capacitación para profesionais relacionados coas augas doces (Titulados medios, persoal do Seprona, Gardas xurados, etc.).
Proxectar cara a sociedade o avance científico como vía para requirir dos cidadáns a súa cooperación na conservación do medio acuático a traveso de diversas actividades como visitas, exposicións temáticas, conferencias divulgativas, elaboración de textos informativos, asesoramento a federacións e asociacións relacionadas coa pesca fluvial, etc.
Contemplase, ademais, a posibilidade de crear un couto de pesca na modalidade de captura e solta ("sen morte") e unha escola infantil de pesca deportiva.