A catalogación realízase de acordo coas Regras de Catalogación do Ministerio de Cultura, e os datos procésanse nunha base de datos no ordenador da fonoteca. Cara ó público imprímense listaxes segundo os seguintes catálogos:
Existe a posibilidade de consulta no ordenador por parte dos usuarios. Tamén dispoñemos de caixa de peticións para as obras que queiran pedirnos, e de boletíns de novidades. Tamén dispoñemos dun piano ó servicio dos usuarios da fonoteca, que poderán usalo solicitándoo na entrada.