Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Fonoteca  »  Prestamo

Préstamo

Servizo de préstamo de CDs

Poderán facer uso dó préstamo:

  • Todolos membros da USC (será necesario posui-la tarxeta magnética da USC e o carné da fonoteca).
  • Os usuarios da Fonoteca o institucións co precisen para fins única e exclusivamente didácticos (será necesario xustifica-lo por escrito).

Duración e condicións de préstamo

  • O número de CD’s que se poden prestar por persoa e día, e a duración do préstamo será de:
    2 CD’s durante 7 días para os/as usuarios/as autorizados.

A Fonoteca promoverá a posibilidade de facer reservas sempre que sexa posible. Por reserva se entende a posibilidade de solicitar unha obra do catálogo que, no momento da consulta, se atope en situación de préstamo. O número máximo de documentos a reservar á vez por un/unha usuario/a será de 2. As reservas perderán vixencia 2 días despois da devolución do disco. Cando unha reserva xa non teña interese, o/a usuario/a terá a obriga de anulala.

Responsabilidades

  • Tódolos/as usuarios/as teñen a obriga de devolver as obras ó finalizar o prazo de préstamo.
  • Cada usuario/a é responsable das obras mentres estean no seu poder. No caso da destrucción, total ou parcial, ou perda, terá que substituíla por un exemplar da mesma edición e características. De non ser posible, o/a usuario/a deberá repoñer unha obra similar por proposta da Fonoteca.
    Ata que isto non se cumpra, quedará excluído temporalmente dos servicios da Fonoteca

Incumprimento das normas e limitacións

O uso do servicio de préstamo implica a aceptación das normas que o regulan.

  • Son casos de incumprimento as seguintes conductas:
    • O atraso na devolución das obras en préstamo
    • A perda ou non devolución dos documentos prestados
    • A mutilación, dano ou calquera outra acción ou omisión que supoña unha alteración na integridade física de calquera fondo da Fonoteca
    • A subtracción de fondos, entendendo por elo a saída física dos fondos da Fonoteca Universitaria sen a previa autorización do persoal competente.
  • O atraso na devolución das obras comportará a seguinte medida:
    • Un día de bloqueo por cada día e CD de atraso.
      Cando se produza a perda, non devolución, deterioro grave ou mutilación dunha obra será obrigatoria por parte do/a usuario/a a reposición dun exemplar da mesma edición e características. Se a obra estivese esgotada, deberá adquirir outra de características semellantes a proposta da Fonoteca. Ata que non faga efectiva a restitución do exemplar, perderá o dereito a préstamo.
      A subtracción de fondos da Fonoteca será considerada unha falta moi grave e comportará a privación inmediata da condición de usuario/a. Ademais, a Fonoteca informará á Comisión Xeral da Biblioteca Universitaria, quen poderá impoñer adicionalmente outro tipo de medidas.
       

Todo/a usuario/a suxeito a unha limitación no servicio poderá interpoñer recurso.