Salas de audición
Dispoñemos das seguintes salas de audicións:
- Sala para audicións individuais: con 20 postos con auriculares e cadro de control
- Sala para audicións colectivas con capacidade para 50 personas, que á súa vez utilízase como sala para audicións individuais con capacidade para 12 persoas. Estes postos individuais están agrupados en mesas de catro en catro, con cadro de control en cada unha delas. Esta sala úsase tamén para vídeos, con 12 tomas de auriculares (sen cadro de control), como sala para o piano, así como sala para ensaios (tanto de grupos instrumentais ou corais como individuais).