Edificio Instituto Galego da Vivenda e Solo
Área Central, s/n
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 957 467
Fax: 981 957 466
Enderezo electrónico: meteogalicia@meteogalicia.es.
MeteoGalicia naceu no ano 2000 froito dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela, e ten como obxectivos principais a realización de unha predicción meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais; predicción operativa, predicción numérica, visualización e climatoloxía. Asemade, MeteoGalicia desenvolve modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas prediccións meteorolóxicas.
MeteoGalicia dispón dunha web (http://www.meteogalicia.es) onde poden atoparse as distintas predicción realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e mais información sobre as actividades do servizo.