Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Museo de Historia Natural "Luis Iglesias"  »  Coleccións  »  • COLECCIÓNS DE BOTÁNICA:

Botánica

  • Colección de madeiras da Illa de Cuba.

Vitirina coas madeiras de Cuba

Chega ao Gabinete antes de 1857, regalada por José González Olivares e representan especies vexetais moi diferentes representativas dos hábitats da illa, xunto con especies introducidas para o cultivo.

 

 

Arnica-montana Membro fundador da Sección de Santiago da Real Sociedad Española de Historia Natural, Merino colabora na creación dunha área dentro do Museo Universitario dedicado exclusivamente a especies de Galicia. Este botánico elabora un herbario con finalidade didáctica para a Universidade, realizando a primera entrega en 1908-1910. O herbario comprende 2028 pregos de plantas vasculares.

  
  • Herbario José Vázquez Estévez
Colaborador do Baltasar Merino, doa uns 1000 de espécimes de flora galega á Universidade en 1932

Amanita Entre 1909 e 1912 o catedrático da Universidade de Santiago, César Sobrado realiza unha investigación sobre fungos superiores de Galicia elaborando esta colección. Esta colección compleméntase con modelos dos exemplares realizados recentemente.

 

Exosterma-argentina 

Gardados en curiosos frascos, os exóticos exemplares desta colección foron obxecto dunha doazón en 1934 da Comisión Protectora de Buenos Aires, e na actualidade consta de 74 mostras procedentes case que exclusivamente de Arxentina.

  

Alga 

Consta dun herbario histórico e outro moderno iniciado en 1987 por investigadores do departamento de Botánica da Universidade de Santiago. Contén especies das costas galegas e doutras localidades do Atlántico e do Mediterráneo.

  
  • Herbario Planellas

Valeriana officinalis Consta de 177 pregos de plantas vasculares, preparados no século XIX.

  

 

 

  • Herbario de briófitos de turbeiras

Iniciado en 2006 con exemplares de musgos e hepáticas de Arxentina, Chile, Irlanda e diferentes localidades españolas.

 

  • Recomendacións
Cambio de sede

Vista aerea novo edificio 1

Ver máis

Horario

Desculpen as moletias estamos en fase de traslado