Realizada baixo a dirección do abate Haüy consta na actualidade de 1000 modelos de madeira que representan a forma ideal de cristalización das diversas especies minerais. Chega á Universidade de Santiago en 1847.
Elaborada durante máis de 40 anos polo propio Viqueira. Os seus exemplares proceden de compras a casas de material científico, de pezas recollidas polo propio autor e doazóns de particulares. Nela están representadas case a totalidade das variedades minerais existentes e moitos dos exemplares aparecen en forma de cristais.
Agrupa exemplares das distintas clases existentes en Galicia que se foron incorporando ao museo desde o ano 1840 ata a actualidade.
Formada por exemplares enviados a través da Biblioteca América á Universidade no ano 1924 pola Comisión Protectora de Bos Aires. Outros dous envíos completan esta colección, un no ano 1960 de Divisao de Geologia e Mineralogia de Río de Xaneiro e outro do Departamento de Minas de la Secretaría de Industria, Comercio y Trabajo de la República Mexicana.
Iniciada coas mostras recollidas por Parga en 1936 coa finalidade de tomar exemplares dos principais afloramentos petrolóxicos galegos.
Segue incrementándose na actualidade con novas achegas froito dos diversos proxectos de investigacións e de particulares.
Bolseiro da Junta de Ampliación de Estudios na EidgenössicheTechnische Hochschule de Zürich aproveita para participar en excursións polos Alpes. Probablemente estas excursións son a orixe desta colección incorporada ao Museo en 1930.