Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Museo de Historia Natural "Luis Iglesias"  »  Coleccións  »  • COLECCIÓNS DE FAUNA MARIÑA:

Coleccións de fauna mariña

  • Colección malacolóxica "Piñeiro de las Casas".

HexaplesDoada en 1845, é unha das primeiras doazóns que recibe o Gabinete. Exemplares de moluscos procedentes na súa maior parte de Filipinas.

 

 

Foto-para-texto-1Doada pola viúva do xeneral Adriano López Morillo en 1914, comprende moluscos mariños, doceacuícolas e terrestres de diversas partes do mundo.

 

Peixe en secoFormada por tres coleccións: a doada  en 1864 polo naturalista galego Víctor López Seoane con peixes das costas galegas; a adquirida en casas de material científico francesas para suplir as deficiencias que tiña o Gabinete de exemplares de fauna mariña e a colección Planellas, elaborada polos profesores encargados de impartir a materia de zooloxía durantes os primeiros anos da cátedra.

 
  • Peixes de Galicia en alcohol
ARaia6004 webjpg
 
Colección de 171 exemplares, resultante da investigación  sobre peixes de Galicia realizada por Manuel Rodríguez Solórzano, elaborada entre 1973 e 1984.

 

 

 

  • Colección da Estación de Biología Marina de Santander.

 

Acanthocardia-tuberculata.

 

Exemplares mariños de diferentes grupos taxonómicos doada ao Museo en 1911 pola Estación de Biología Marina de Santander, en virtude da rede de intercambios creada naquela época polo ministerio de Instrucción Pública.

 

 

  • Colección de fauna mariña de Galicia.

Esponxa

 

Exemplares secos e en alcohol de diferentes grupos taxonómicos. Iniciouse en 1935 e na actualidade conta con numerosos exemplares, a maioría doados por investigadores da USC, como mostra dos traballos de investigación xa rematados ou que se están a desenvolver nesta universidade.

 

 

  • Colección malacolóxica Emilio Rolán.

    ErosariaDoada en 2003,  é unha das maiores coleccións de moluscos do mundo. Contén 25.000 lotes e 200.000 exemplares identificados e conservados en seco, cerca de medio millón de exemplares e case 6.000 lotes en alcohol, nos que están representados moluscos mariños, doceacuícolas e terrestres de numerosos países. Outra parte importante son os micromoluscos mariños (máis de 3000 lotes e un millón de exemplares) en fase de estudio polo autor da colección, así como as miles de preparacións para microscopio óptico e electrónico, debuxos orixinais, fotografías e unha extensa biblioteca de referencia.

 

  

 

 

 

  • Recomendacións
Cambio de sede

Vista aerea novo edificio 1

Ver máis

Horario

Desculpen as moletias estamos en fase de traslado