Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Museo de Historia Natural "Luis Iglesias"  »  Exposición permanente

Exposición permanente

Desculpen as molestias estamos en fase de montaxe

Plano-interior-copia

Zooloxía

Fauna mundial

Vista parcial da sala de fauna mundial

Móstranse exemplares de diferentes partes do mundo, pertencentes ás coleccións históricas do museo.

Fauna mariña

Parte dedicada a fauna mariña

Constituída por exemplares, conservados en seco ou en alcol, de animais que viven no medio mariño, procedentes de coleccións históricas e actuais.

Fauna terrestre galega

Sala 2 do museo: fauna galega

Exponse unha representación da fauna terrestre galega, destacando os dioramas nos que diferentes especies de aves e mamíferos se mostran nun escenario que representa o seu hábitat e modo de vida na natureza.

Xeoloxía

Sala 3 do museo: Xeoloxía e Botánica

Nesta sección gárdase un dos maiores tesouros do patrimonio científico da Universidade de Santiago de Compostela, a colección de modelos cristalográficos de Haüy.

As coleccións de minerais e rochas e os mapas que se expoñen son un exemplo da xenerosidade dos naturalistas galegos cara a Universidade de Santiago, salientando as doadas por Parga Pondal e as escollidas pezas que constitúen a colección Viqueira.

Botánica

Sala botánica

Móstranse unha selección de exemplares de coleccións históricas, principalmente americanas e galegas, ademais de figuras clásticas empregadas con fins didácticos.

Instrumental científico

Microscopios

Instrumental científico vario dos séculos XIX e XX usado nos laboratorios e no traballo de campo na eido da Bioloxía.

Modelos e figuras clásticas

Modelos

Colección de modelos utilizados con fins didácticos no Gabinete.

  • Recomendacións
Cambio de sede

Vista aerea novo edificio 1

Ver máis

Horario

Desculpen as moletias estamos en fase de traslado