
Neste roteiro aprenderemos a diferenciar as ximnospermas das anxiospermas ao tempo que coñecemos diferentes aspectos e curiosidades dalgunhas especies significativas de cada un destes grupos.

Durante este roteiro desenvolveremos unha viaxe no tempo e no espazo, observando a través da xanela dos xardíns da USC unha parte da diversidade vexetal que existe no mundo.

As árbores e arbustos supuxeron xa desde hai milleiros de anos unha fonte de recursos: madeira, alimento, medicina..., para o ser humano. Descubriremos usos e lendas dalgunhas árbores.
Este roteiro, destinado a estudantes de primaria, é unha pequena introdución á diversidade de formas e cores que existen no mundo das árbores e os arbustos.