Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Museo de Historia Natural "Luis Iglesias"  »  Exposicións e actividades temporais

Exposicións e actividades temporais

Durante os últimos anos, e de forma regular, o museo organiza exposicións temporais, cos seguintes obxectivos:

  • Mostrar fondos que por falta de espazo non forman parte da exposición permanente.
  • Divulgar aspectos pouco coñecidos de temas específicos de interese científico, cultural, histórico ou social.

1992: “A Historia Natural de América na Universidade de Santiago de Compostela”.

Esta exposición organizouse como conmemoración do V centenario do descubrimento de América e nela mostrouse parte dos fondos de orixe americana do Museo.

1998: “Os Preparadores do Museo de Historia Natural”.

O principal obxectivo desta exposición foi contribuír á divulgación do traballo dos preparadores do Gabinete de Historia Natural da Universidade de Santiago, e dar a coñecer o valor histórico-científico das súas coleccións.

1999: “Galicia Natural: Os Camiños de Santiago”.

Realizada na celebración do Xacobeo 99, pretendíase chamar a atención sobre a fauna, flora e xea de Galicia, tan admirados polos chegados á nosa terra e que moitas veces pasa desapercibido para os galegos.

Xacobeo 99 foto 1  Xacobeo 99 foto 2

2002: “As algas na nosa vida”.

Presentada coa finalidade de dar a coñecer as especies de algas máis comúns nas costas de Galicia, a súa importancia económica e os seus variados usos.

2003 (Semana da Ciencia): "Do paleolítico aos ordenadores: os usos da sílice".

Nesta exposición mostrouse a importancia da explotación da sílice ao longo da historia.

Vista parcial da exposición  Visita guiada

2004: “O Hospital Real de Santiago de Compostela e a Hospitalidade no Camiño de Peregrinación”.

No Xacobeo 2004 o Museo foi o encargado de montar a parte desta exposición relacionada coas plantas medicinais, os seus usos na curación das doenzas dos peregrinos e o seu cultivo na horta do Hospital Real.Exposicion o Hospital Real de Santiago

SENECIO  CINCOENRAMA

 

2004 (Semana da Ciencia): "Abrindo os ollos á ciencia: cátedras, gabinetes e laboratorios".

Destacouse a importancia e o valor dos fondos histórico-científicos que se conservan en Galicia e como a súa existencia estivo relacionada coa evolución dos traballos de científicos galegos. 

Gramofonos  Receptores

2005: "Un mundo de formas e cores: A colección malacolóxica Rolán".

Deu a coñecer a relevancia desta colección, unha das máis importantes do mundo, tanto pola calidade como pola cantidade de exemplares e documentación, que lle confiren un extraordinario valor científico e didáctico.

Visitas á exposición  Exposición da colección "Rolán"

2005 (Semana da Ciencia): "Minerais industriais de Galicia: orixe, transformación e uso".

A través desta mostra déronse a coñecer os minerais galegos que están actualmente en explotación, a súa natureza, a súa orixe xeolóxica e en que zonas de Galicia afloran, así como os procesos de transformación aos que son sometidos, sinalándose tamén os seus múltiples usos.

Vista parcial da exposición  Visitas á exposición

2006 (Semana da Ciencia e programa INCITE): "O mundo na túa cabeza"

Dentro do programa “O mundo na túa cabeza”, desde novembro de 2006 ata maio de 2007,  o museo presentou a exposición “O mundo na túa cabeza: que sabemos e como nolo contaron?” e coordinou  outras dúas exposicións e diferentes obradoiros, conferencias e cafés científicos en 18 pobos galegos, coa neurociencia como tema central.

Exposición nas Pontes de García Rodríguez  Exposición en Boiro

2007 (Semana da Ciencia): Exposición e obradoiros: "Coñecer para protexer: especies ameazadas da flora e fauna galega"

Deu a coñecer  as especies animais e vexetais silvestres en Galicia que na actualidade se atopan en perigo de extinción ou corren risco de desaparición na natureza a medio prazo.

Coñecer para protexer

2008 (Semana da Ciencia): "Da natureza á cociña: historia das plantas das nosas hortas"

Exposición sobre a orixe, historia e evolución das especies vexetais cultivadas nas hortas tradicionais galegas.

 

Visitas Coles do Vello Mundo

             

 

 

 

 

 

2009 (Semana da Ciencia): "Illas de Cabo Verde: primeira escala do Beagle e modelo de diversificación e irradiación de moluscos mariños"

 
Mostrou aspectos relevantes sobre evolución y diversificación de moluscos mariños no arquipélago de Cabo Verde así como a investigación sobre o tema realizada por Emilio Rolán.
 

 Vista 1 dunha das salasVista 2 dunha das salas

 

 

 

 

 

 

 

 

2010 (Semana da Ciencia): "Biodiversidade e coleccións de Historia Natural"

A exposición versa sobre a importancia das coleccións dos museos científicos na conservación e coñecemento da biodiversidade, a súa definición e o valor da conservación destes exemplares para a investigación presente e, sobre todo, futura.
 
biodiversidade_panoramica-1024x308

 

 

 

 

 

 

 

Vista-David-Attenborough--

  • Recomendacións
Cambio de sede

Vista aerea novo edificio 1

Ver máis

Horario

Desculpen as moletias estamos en fase de traslado