Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Análise de Reclamacións (OAR)

Oficina de Análise de Reclamacións (OAR)

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/oar

Descrición

Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) ten encomendada a función de canalizar e dar resposta ás suxestións e queixas que faga o estudantado en relación ó funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC. Tamén ofrece á comunidade universitaria un sistema aberto ás opinións e suxestións en orde a mellorar a xestión académica e, por extensión o servizo público que presta a Universidade de Santiago de Compostela.

Á OAR lle compete a tramitación e proposta de resolución dos recursos que teñen que ver cos procedementos de xestión académica tramitados nas distintas unidades administrativas da USC dos que se sinalan: validacións, adaptacións, anulacións de matrícula, admisións, simultaneidades, subvención de prezos, apoio titorial extraordinario, revisión de cualificacións e recoñecemento de estudos cursados en programas nacionais ou internacionais.

Enderezo

Pavillón Estudantil, 1º andar - Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Telf. 881 814 557
Correo electrónico: oarmp@usc.es