Presentación de queixas/suxestións sen TUI
Pode usar este formulario para expor unha suxestión ou queixa en relación ó funcionamento dos servicios académicos, tanto docentes, administrativos como de apoio da USC. A Oficina de Análise de Reclamacións e Mellora de Procedementos será a responsable da súa resposta e recibirá unha contestación á maior brevidade posible.
En calquera momento a administración universitaria poderá dirixirse a vostede para ampliar os datos aportados. É importante que facilite a información de enderezo e teléfono de máis fácil acceso para unha pronta comunicación.
Recordámoslle que non podemos atender queixas sobre o contido dun recurso administrativo e que a presentación destas queixas non interrumpe o prazo de presentación de impugnacións ou recursos.
Os datos recollidos incorporaranse a un arquivo de xestión académica e alumnado, de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13/12/1999, de protección de datos de carácter persoal. Os dereitos de acceso, rectificación e oposición poderán exercerse perante a Secretaría Xeral da USC. De non opoñerse, os seus datos poderán cederse para informarlle sobre cursos e actividades da USC e para coñecemento do profesorado, comisións de validacións e Centros con fins académicos.