Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Arquitectura e Urbanismo

Oficina de Arquitectura e Urbanismo

Enderezo

Avda. das Ciencias s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100 ext.: 14332
Correo electrónico: campanero@si.usc.es

Descrición

Este servizo ten adscrita a infraestrutura inmobiliaria da Universidade comprendida por 82 edificios que alcanzan unha superficie construída de 465.172 m 2 e un conxunto de urbanizacións que se estenden en 68 hectáreas distribuídas entre os distintos Campus.

A oficina esta formada polos seguintes departamentos:

Infraestruturas Existentes: Atende ás necesidades de mantemento e reforma dos edificios en servizo. Este departamento proxecta e dirixe respectivamente as obras en cada un dos Campus da USC: Campus Sur de Santiago, Campus Norte-Zona Histórica de Santiago e Campus de Lugo.

Novas Infraestruturas: Este departamento encárgase de materializar o programa plurianual de infraestruturas da USC, definindo as súas prescricións técnicas, supervisando ou redactando os proxectos de execución e dirixindo as obras.

Xardinaría: Desempeña o mantemento e creación de novas zonas verdes nos Campus da cidade de Compostela.

Carpintaría: Esta área comprendida por tres especialistas de oficio que desenvolven traballos de reparación de elementos de madeira existentes nos edificios, ao mesmo tempo que realizan pequeno mobiliario.