Crear un formulario de envío de correo electrónico
Con este tutorial, pódese aprender a crear un formulario que cando o cubre o usuario, envía un correo electrónico.
O formulario pode conter tantos campos como se desexe; e entre os campos, pode haber as seguintes opcións:
- Campo de texto
- Área de texto (maior tamaño que o campo de texto)
- Caixa de verificación (permite activar unha ou varias das opcións)
- Botón de radio (permite seleccionar só unha das opcións)
- Menú despregable
- Subida de un arquivo adxunto no correo electrónico
- Campo de correo electrónico
- Separación (para diferenciar partes dun formulario)