A USC está a implantar unha ferramenta de xestión de contidos para facilitar aos usuarios a actualización e mantemento das páxinas que compoñen o sitio web da USC.
Devandita ferramenta permite que calquera usuario que estea autorizado poida facer cambios nas páxinas, sen ter que aprender linguaxes de programación, o uso de ferramentas novas e sen ter que instalar programas no seu ordenador.
No tocante aos centros e departamentos, a ferramenta xa inclúe os datos de Xescampus, de tal xeito que os responsables poderán engadir contidos aos sitios actuais das webs institucionais.
A ferramenta é unha aplicación de software libre que se vai empregar en todo o sitio web da USC para, entre outras cuosas, poder centralizar o soporte aos usuarios e para que os desenvolvementos que se fagan poidan beneficiar ao resto de usuarios.
Aqueles usuarios que queiran comezar a traballar coa ferramenta de xestión de contidos deben solicitar unha conta de usuario nun servidor privado para, posteriormente e tras pasar un período de probas coa ferramenta, poder ter a súa conta no servidor da web "visible".
Este tutorial está composto de vídeos explicativos sobre o funcionamento da ferramenta e de documentos PDF que o usuario poderá descargar para traballar cunha versión impresa dos mesmos.
Manual para a parte de edición directa e de contidos estruturados [pdf - 1269Kb][Actualizado: 08/09/2008]
Manual para a parte de administración [pdf - 609Kb][Actualizado: 08/09/2008]
Edición directa das páxinas web
Novidades (válido para calquera contido estruturado)