Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina Web  »  Tutorial sobre o uso da ferramenta  »  Introducción ao contorno

Introducción ao contorno

A ferramenta de xestión de contidos da web da USC está pensada para evitar que os usuarios se teñan que preocupar de manter a estrutura e a apariencia estipuladas polo Manual de imaxe corporativa.

Os usuarios non poden manipular a cabeceira ou o pé das páxinas, nin todo o referente ás cores ou apariencia.

As "faragullas" (migas de pan ou breadcrumbs que indican a ruta ata a páxina na que se está) aparecen automaticamente, de tal xeito que non é preciso xeneralas para cada unha das páxinas. O nome que aparece nas faragullas vén dado polo Título que se lle especifica a cada páxina.

A parte esquerda da páxina está pensada para a navegación do sitio, cunha caixa de Seccións que vai recollendo as páxinas ás que se lle engade o atributo "Engadir a Navegación". (Se quere saber como cambiar este atributo, consulte o vídeo explicativo sobre como cambiar as propiedads das páxinas). Se se quere que aparezan máis caixas na parte esquerda ou dereita ou unha estrutura diferente, por favor, contacte coa Oficina Web.

A parte central é a parte adicada aos contidos das diferentes páxinas. É a zona onde se amosa o contido das Páxinas web con texto libre.

A parte dereita da páxina está reservada para os elementos dinámicos. O máis habitual é que se coloquen unha ou varias caixas con Novidades, Eventos, Ligazóns, Ofertas de traballo...

Para calquera consulta referida á ferramenta, por favor, contacte coa Oficina Web.