Recóllese de seguido unha listaxe das bolsas máis solicitadas. A data de publicación é orientativa. Cómpre estar atento ás convocatorias para coñecer os requisitos específicos: prazo, documentación esixida, lugar de presentación...
As bolsas dos ministerios ou institucións públicas de carácter estatal adoitan publicarse no BOE; as da Xunta de Galicia no DOG; as demais poden atoparse nas sedes, taboleiros, webs, etc, dos órganos convocantes. Na Oficina de Información Universitaria (OiU) pódense consultar a maioría delas.