Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Información Universitaria (OiU)  »  Máster en Profesorado

 

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas

 

É o título universitario oficial que substitúe ao CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica) e habilita para o exercizo das profesións de Profesor de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas. É un máster interdisciplinar cunha duración de 60 créditos ECTS. O prezo do crédito no curso 2012/2013 foi de 20,25€ (DOG 16/07/12)

A matrícula, a modificación de preferencia ou a solicitude dunha praza vacante ofertada deberá realizarse só a través da Secretaría Virtual

 

 

Terán acceso os Licenciados, Diplomados, Graduados universitarios e, en xeral, todos os que estean en posesión dun título oficial universitario español que habilite para os estudos de Posgrao.

Os titulados por sistemas educativos doutros paises terán acceso só no caso de que teñan homologado o seu título no momento de finalización do prazo de preinscrición.

Deberase acreditar un nivel B1 de competencias lingüisticas dunha lingua estranxeira. Esta acreditación deberá realizarse de xeito previo ou simultáneo á formalización da matrícula.

A Universidade de Santiago de Compostela a través do seu Centro de Linguas Modernas realiza probas de nivel para a acreditación da competencia lingüistica B1.

  


Prazas ofertadas

Especialidade
Prazas Santiago
Prazas Lugo

Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática

40

20

Ciencias Sociais e Humanidades

40

0

Formación Profesional (Sector Servizos)

20

0

Formación Profesional (Sector Primario e Secundario)

0

20

Linguas e Literaturas

40

20

Artes Plásticas e Música

20

0

Orientación Educativa

20*

0

* Nesta especialidade establecerase unha cota adicional de 20 prazas para os titulados das Licenciaturas en Pedagoxía e Psicopedagoxía

 

Os estudantes que posúan unha titulación que lles dea acceso a máis dunha especialidade poderán solicitar varias indicando a orde de preferencia, que será vinculante para a asignación de prazas.

Na especialidades que se oferten nos dous Campus poderá solicitarse praza en ámbolos dous, indicando a orde de preferencia que será vinculante.

Prazos de preinscrición e matricula

  • Do 9 de xullo ao 31 de agosto de 2013 poderán realizarse as solicitudes de admisión
  • O 6 de setembro de 2013 publicación das primeiras listaxes de admitidos e de agarda

 

Os admitidos deberán formalizar matrícula nos chamamentos que se realizarán nas seguintes datas:

  • 7 ao 10 de setembro de 2013: primeiro prazo de matrícula.
  • 12 ao 14 de setembro de 2013: segundo prazo de matrícula.
  • 15 ao 17 de setembro de 2013: matrícula prazas vacantes alumnos en listaxe. Asignación por orde de matrícula.
  • ata o 4 de outubro de 2013: matrícula prazas vacantes resto de alumnos. Asignación por orde de matrícula.