Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Información Universitaria (OiU)  »  Convocatoria de axudas a desempregados para másteres 2013-2014

Convocatoria de axudas a desempregados para másteres 2013-2014

Venres, 04 de outubro de 2013

 

A Xunta de Galicia convoca axudas para financiar os gastos de matrícula dalgúns dos másteres universitarios oficiais do Sistema Universitario de Galicia.

 

Requisitos:

  1. Residir en Galicia os tres últimos anos anteriores á convocatoria.
  2. Atoparse en situación laboral de desemprego e estar inscrito como demandante de emprego nos tres anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria.
  3. Estar en posesión do título universitario de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, ou grao, e teren rematados estes estudos con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2010.
  4. Estar matriculado, no curso académico 2013/14, nun máster universitario dos relacionados no anexo II da Orde.
 

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 4 de novembro de 2013.

    

 

Ligazóns: