A nota de corte é a nota de acceso á Universidade do último estudante que logrou a admisión nunha titulación con límite de prazas.
É importante resaltar que este dato non se coñece ata despois de resolto o proceso de preinscrición e matrícula, polo que as notas de corte publicadas son sempre orientativas, posto que son as do curso anterior e a súa función é servir só como referencia ao estudante.
Existen diferentes notas de corte segundo o colectivo polo que se solicite o acceso ás titulacións con límite de prazas: