Obxecto: a previsión social dos estudantes menores de 28 anos e a súa protección e axuda contra circunstancias adversas nos termos legalmente establecidos, sempre que cursen estudios universitarios oficiais de primeiro, segundo ou terceiro ciclo no noso país.
Beneficiarios: Estudantado nacional da Unión Europea (UE), do Espazo Económico Europeo e os estranxeiros con residencia legal en España que teñan abonado a cuota correspondente.
Cobertura:
Accidente escolar, definido legalmente como:
“Toda lesión corporal que sufra o asegurado con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudante, incluídas as deportivas, asambleas, viaxes de estudos, de prácticas ou de fin de carreira e similares, sempre que estas actividades teñan sido organizadas ou autorizadas polo centros de ensino”.
Prestacións:
- Asistencia médica e farmacéutica
- A indemnización ou pensión que corresponda (segundo a incapacidade que o accidente lle produza) e, en caso de falecemento, unha indemnización por gastos de sepelio:
a. Se o asegurado queda incapacitado para continuar estudos: entre 150,25 e 601,01 €.
b. Se queda incapacitado de por vida: pensión vitalicia de 144,24 € anuais.
c. Se falece: entre 30,05 e 120,20 € para gastos de sepelio.
d. Se falece e tiña unha familia ao seu cargo concédese a esta unha axuda de 300,51 € para a familia
Enfermidade
Proporciónase asistencia médica, incluída a hospitalización, os servizos de cirurxía xeral, neuropsiquiatría, tuberculose pulmonar e ósea, e tocoloxía. Nos casos nos que estea medicamente xustificado poderán realizarse tratamentos de fisioterapia, quimioterapia, radioterapia, cobaltoterapia, radiumterapia, ril artificial e cirurxía maxilo-facial.
a. Cirurxía xeral: inclúe o servizo de aloxamento e manutención na clínica, quirófano, asistencia médica e farmacéutica durante o ingreso hospitalario e as próteses de substitución.
b. Neuropsiquiatría: inclúe o tratamento en réxime de internamento ou ambulatorio dos procedementos neuropsiquiátricos que afecten á continuidade dos estudos e a psicoterapia.
c. Tocoloxía: inclúe as visitas previas ao parto, honorarios médicos e gastos de internamento.
d. Tuberculose: abrangue servizos de aloxamento e manutención nos centros sanitarios, o tratamento médico-cirúrxico e a asistencia farmacéutica.
e. Fisioterapia: conleva un número máximo de 30 sesións (podendo superarse en casos extraordinarios).
f. Quimioterapia, radioterapia e cobaltoterapia: cubre o 30% da factura presentada por tratamento, medicación, farmacia hospitalaria, transfusións de sangue, probas radiolóxicas, etc, ata un máximo de 1.502,52 €.
g. Cirurxía maxilofacial: cubre a asistencia médica e farmacéutica e os servizos de internamento e manutención.
A asistencia médica prestarase nos centros públicos do SERGAS, ou nos centros sanitarios concertados ou colaboradores. No caso de que o estudante acuda a un centro privado non concertado, o seguro abonaralle as facturas segundo as tarifas establecidas, correndo a cargo do estudante as posibles diferenzas.
Infortunio familiar.
A prestación consiste nunha axuda económica que se lle dará ao estudante para contribuir a favorecer á continuidade dos seus estudos ata o que remate a carreira (incluído o doutoramento) cando faleza o cabeza de familia, considerando como tal ao pai ou nai do estudante sempre que aporten ingresos á economía familiar, ou no caso de quebra ou ruína familiar. Contía:
- 86,55 €/ano para estudantes pertencentes a familias non numerosas
- 103,85 €/ano para estudantes pertencentes a familias numerosas
- 129,82 €/ano para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría especial
Solicitudes: lugar e prazo de presentación
A solicitude pode presentarse en calquera das axencias da Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) no ámbito territorial no que alumnado realice os estudos ou no que residan él/ela ou a súa familia. No caso de prestacións sanitarias deberá presentarse na Dirección Provincial do INSS da provincia onde teña recibido a asistencia sanitaria.
Os prazos de presentación varían segundo a prestación solicitada:
a. Prestacións derivadas de accidente escolar: 1 ano.
b. Prestacións sanitarias: deben solicitarse con carácter previo á asistencia médica para o recoñecemento do dereito, agás nos casos de urxencia debidamente acreditada polo facultativo, no que se establece un prazo de 5 anos.
c. Prestacións económicas e os gastos de sepelio que non deriven de accidente escolar: 5 anos.
Incompatibilidade
Estas prestacións son incompatibles con calquera outra prestación de contido idéntico e derivadas de risco análogo do que puideran ser beneficiarios os afiliados que tamén estean dados de alta nun réxime da Seguridade Social. Nese caso, as prestacións percibiranse da Seguridade Social, abonando o seguro escolar a diferenza se a houbera.
Informa:
Instituto Nacional da Seguridade Social
900 16 65 65 (teléfono gratuíto)
881 90 94 67
En Santiago de Compostela: Instituto Nacional da Seguridad Social. C/ Carlos Briones Varela s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono(s): 981 553150; Fax: 981 553155
En Lugo: Delegación Provincial do INSS. Praza de Ferrol, nº 11. Tfno.: 982 242312