
Para referenciar esta páxina use a dirección: www.usc.es/oix
Os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela no seu parágrafo primeiro do artigo 2º dispoñen:
"1. A Universidade de Santiago de Compostela organizarase de xeito democrático e asegurará a participación dos diferentes sectores da comunidade universitaria no seu goberno, levará a cabo unha decidida defensa da igualdade entre homes e mulleres coa promoción da súa participación igualitaria na toma de decisións, segundo as recomendacións da Unión Europea, e asumirá os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo como inspiradores da vida universitaria.”
Co fin de facer efectivo o obxectivo de igualdade entre homes e mulleres aquí proclamado, créase a Oficina de Igualdade de Xénero que ten como misión fundamental a de levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres, asumindo os principios de dignidade humana con independencia do sexo das persoas, igualdade e equidade de xénero como elementos fundamentais da actividade universitaria.
Oficina de Igualdade de Xénero
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
Rúa Nova 6
15782 Santiago de Compostela
Telf.: 881 811 310 e 881 811 309 / 881 811 000 ext. 11309 e 11310
Fax.: 881 811 207
Correo electrónico: oix@usc.es