Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Igualdade de Xénero  »  Inauguración na ETSE da exposición "O papel da muller na enxeñaría"

Inauguración na ETSE da exposición "O papel da muller na enxeñaría"

Martes, 21 de setembro de 2010 PEDRO JOSE REY SANCHIZ

Dende este luns e ata finais do mes de outubro estará exposta na Escola Técnica Superior de Enxeñaría a exposición ‘O papel da muller na enxeñaría’.

A mostra recolle os pósteres elaborados para a exposición ‘MIT: Mujeres en la Informática y la Telecomunicación’ da Universidade de Granada, ademais do gañador do I Concurso de Pósteres que convocou a ETSE no mes de maio e que gañou o estudante Óscar Pardo Planas.

Trátase de carteis biográficos dedicados a diversas científicas e tecnólogas destacadas na área das Tecnoloxías da Información e Telecomunicación con material gráfico e as súas achegas científicas máis relevantes.

Entre as mulleres representadas na mostra figura Frances Allen, que hai dous anos visitou a USC no marco de ConCiencia, ou Mitchel Baker, promotora de Mozilla -coordinadora do famoso navegador Firefox ou do xestor de correo-e Thunderbird- e do software de fontes abertas.

Arquivos adxuntos: