Xornada de Investigación e Xénero na USC
Martes, 26 de xuño de 2012
A Oficina de Igualdade de Xénero organiza a
Xornada de Investigación e Xénero na USC, que terá lugar o vindeiro 9 de xullo no Centro
de Estudos Avanzados. O propósito da xornada é dar lugar a un punto de encontro e
debate das persoas interesadas e involucradas na investigación das problemáticas de xénero, con
aproximacións dende distintas disciplinas da USC.
A inscrición é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición ata o límite do aforo
(70 prazas).
Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
O prazo de inscrición remata o 5 de xullo de 2012.
Arquivos adxuntos:
Ligazóns: