Venres, 01 de marzo de 2013
O 8 de marzo ás 17:00 horas, no Salón Nobre de Fonseca celebrarase o Día Internacional das Mulleres.
O acto estará presidido polo reitor, que fará entrega dunha placa con Mención Honorífica ao Servizo de Vixilancia da Saúde pola súa traxectoria en prol da igualdade de oportunidades na USC.
Terá lugar unha mesa redonda titulada
Estereotipos de Xénero e Saúde na que participarán a coordinadora do grupo de
investigación Rede de Investigadores en Demografía, Historia Económica e Migracións da USC, Mª Xosé
Rodríguez Galdo; a neuróloga Susana Arias Rivas; a psiquiatra Ángela Torres Iglesias e o psicólogo
Fernando Lino Vázquez González.
Arquivos adxuntos: