I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise. I XUGeX
Venres, 10 de maio de 2013
As oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas organizamos
a
I Xornada Universitaria Galega en Xénero que se celebrará os días
20 e 21 de xuño en Santiago de Compostela.
A Xornada nace con vocación de continuidade e cada ano achegarase aos temas de xénero dende
perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar.
Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural como o actual, este ano a
Xornada concentrarase en reflexionar sobre as repercusións desta crise nos roles de
xénero. A
I Xornada Universitaria Galega en Xénero: Roles de xénero en tempos de
crise analiza tres áreas temáticas:
-
Políticas públicas de igualdade. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC
-
Mulleres e mercado laboral. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero. UDC
-
Corresponsabilidade e conciliación. Coordina: Unidade de Igualdade. UVigo
Envío de proposta de comunicación
As propostas de comunicación, relacionadas coas temáticas da Xornada, deberán empregar unha
linguaxe inclusiva e serán sometidas á avaliación do Comité Científico.
As comunicacións aceptadas e defendidas, en sesión póster, recibirán diploma
acreditativo.
A presentación de propostas será a través do envío do
formulario de
comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática
analizada:
Comunicacións da área Políticas públicas de igualdade:
oix@usc.es
Data límite de envío de propostas: 3 de xuño de 2013
Publicación
Realizarase unha
publicación dos traballos presentados e defendidos
que disporá de ISBN.
Estrutura da xornada
As actividades programadas dentro de cada área temática son:
-
Conferencia invitada
-
Mesa redonda
-
Sesión póster. Presentación das comunicacións
Inscrición
A inscrición será gratuíta. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
O formulario de inscrición estará dispoñible proximamente.
Obxectivos
- Crear un punto de encontro e intercambio para aproveitar as sinerxías do persoal docente e
investigador do Sistema Universitario Galego
- Impulsar o debate sobre os cambios nos roles de xénero no momento actual
- Visibilizar as investigacións relacionadas coas temáticas da Xornada
- Promover a creación de redes de investigación interuniversitarias e multidisciplinares con
perspectiva de xénero