Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Relacións Exteriores  »  Euraxess

Centro Galego de Mobilidade de Investigadores

O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores forma parte da Rede española de Centros de Mobilidade e da Rede europea EURAXESS. O ámbito de competencia do centro abrangue as tres universidades galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O noso centro ofrece información e asesoramento a investigadores que veñen ou retornan a Galiza, a organismos galegos que buscan investigadores no estranxeiro e a investigadores galegos que, como parte da súa carreira, realizan unha estadía fóra do noso país.

A través do noso centro o investigador atopará:

  • Información:
    • Administrativa (visados, impostos, etc)
    • Profesional (investigación en Galiza, etc)
    • Diaria e cultural (aloxamento, asistencia médica, colexios, etc)
  • Asistencia cos centros de mobilidade en España ( www.eracareers.es )
  • Anuncios de vacantes e información sobre programas de mobilidade en Galiza.

Asemade, os organismos de investigación poderán:

  • Atopar información de interese sobre recursos humanos en investigación, mobilidade de investigadores e política científica europea.
  • Atopar ao candidato ideal na base de datos internacional do Researchers Mobility Portal http://ec.europa.eu/euraxess
  • Anunciar vacantes de investigación a nivel internacional no Researchers Mobility Portal.

O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores ten o obxectivo de crear un contorno máis favorábel para o desenvolvemento da carreira investigadora e promover a mobilidade internacional e intersectorial.