Recoméndase aos/ás estudantes que desexen solicitar un convenio bilateral a algunha universidade estranxeira de fala non española ou portuguesa na vindeira convocatoria (para iniciar o intercambio no segundo cuadrimestre do curso 09-10) que se informen con antelación das datas do exame TOEFL, posto que os resultados soen retrasarse e o certificado é un requisito indispensable para optar a unha praza nestas universidades. Os/as alumnos/as que non presenten o TOEFL para ditas universidades no prazo fixado serán excluidos/as.