Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Relacións Exteriores  »  Programa Jean Monnet

Programa Jean Monnet

A Acción Jean Monnet "Ensinanzas universitarias sobre a integración europea" é unha acción de información da Comisión Europea dirixida a facilitar a implantación de novas ensinanzas sobre a integración europea nas universidades por medio de subvencións á posta en marcha de ditas enseñanzas.

Por ensinanza sobre a integración europea enténdese o estudo da construcción da Europa Comunitaria e do seu desenvolvemento institucional, xurídico, político, económico e social.

Así, a Acción Jean Monnet está orientada a aquelas disciplinas das Ciencias Humanas para as cales os avances en temas comunitarios constitúen unha parte crecente da materia a estudar:

  • O Dereito Comunitario
  • A Integración Económica Europea
  • A Integración Política Europea
  • A Historia da Construcción Europea

As subvencións acordadas no marco da Acción Jean Monnet corresponden á co-financiación de proxectos para a creación de:

  1. Cátedras "Jean Monnet" e Cátedras "Jean Monnet" "ad personam".
  2. Cursos Permanentes sobre a Integración Europea
  3. Módulos Europeos
  4. Polos Europeos "Jean Monnet"

A Acción Jean Monnet diríxese ás universidades e outros establecimentos de ensinanza superior (recoñecidos como tales polas respectivas autoridades nacionais) dos países membros da Unión Europea. Nembargantes, a atribución dunha Cátedra Jean Monnet realizarase prioritariamente a aqueles establecimentos que conten cun programa de estudos completo, é decir, con ensinanzas no 1º, 2º y 3º ciclo.

A Acción Jean Monnet levouse a cabo dende o seu inicio en estreita colaboración coas autoridades universitarias a través do Consello Universitario Europeo para a Acción Jean Monnet, órgano académico independente que asiste á Comisión Europea na creación da acción, a selección de candidaturas, o seguimento académico dos proxectos elexidos e a animación das redes de profesores Jean Monnet.

O Consello Universitario Europeo para a Acción Jean Monnet componse de representantes das institucións universitarias designados pola "Confederación de conferencias de Reitores da Unión Europea" e de representantes dos profesores especializados no estudo da Integración Europea, designados por ECSA-Europa (European Community Studies Association, que agrupa ás asociaciones nacionais de estudos sobre a Integración Europea).

En 1998 a Comisión Europea e o Consello Universitario Europeo para a Acción Jean Monnet procederán a unha evaluación da Acción Jean Monnet e dos seus resultados dende o seu inicio, por medio de cuestionarios que se enviarán respectivamente ás universidades beneficiarias da Acción Jean Monnet e aos profesores a cargo das ensinanzas Jean Monnet.

Na actualidade, a Universidade de Santiago ten os seguintes proxectos en vigor:

Dr. Jose Antonio GOMEZ SEGADE Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Dereito
Permanent Course
Dereito Mercantil Europeo
Dr. Antonio-Carlos PEREIRA MENAUT Universidade de Santiago de Compostela
Dept. de Dereito Público e Teoría do Estado
European Module
Proccess of Constitutionalization of the EU
Dr. Antonio-Carlos PEREIRA MENAUT Universidade de Santiago de Compostela
Dept. de Dereito Público e Teoría do Estado
Jean Monnet Chair
European Constitutional Law
Prof.Dra. Maria Teresa PONTE IGLESIAS Universidade de Santiago de Compostela
Faculty of Law, Dept. of Law & State Theory
Permanent Course
Institutions and Law of the European Union
Dr Jorge PUEYO LOSA Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Dereito - Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado
Jean Monnet Chair
European Integration Law
Prof Carlos RUIZ MIGUEL Universidade de Santiago de Compostela
Dereito Público e Teoría do Estado
European Module
Human Rights and European Integration
Prof. Ángel Fernández-Albor Baltar Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Dereito - Dereito Mercantil y do Traballo
European Module
European Integration and Private Law