¿Que son?
As "Bolsas MAE- AECI" constitúen a oferta da formación, xeralmente de posgrao ou terceiro
ciclo, do Ministerio de Asuntos Exteriores de España -MAE- para xóvenes titulados universitarios
superiores (e, nalgúns casos, estudantes) estranxeiros e españois. A Dirección Xeral de Relacións
Culturais e Científicas da Axencia Española de Cooperación Internacional -AECI-, dependiente do
Ministerio, xestiona estas becas, a través da súa Subdirección Xeral de Bolsas, Leitorados e
Intercambios (Avda. Reyes Católicos 4, 28040 Madrid, tº 91 583 85 98 - 99). Son bolsas a
disposición de cidadáns estranxeiros para realizar estudos en España, e para españois para
realizalos no exterior, durante o verán de 2004 e o curso académico 2004- 2005 na presente
convocatoria. Esta convocatoria publícase no Boletín Oficial do Estado:
www.boe.es . As Becas MAE- AECI convócanse unha
única vez, cada ano, con carácter unilateral e aberto a todos os países do mundo. É moi importante
que os interesados lean con detenimento o texto completo da convocatoria das bolsas e as súas Bases
na correspondente Resolución. Cada un dos diferentes
Programas de Bolsas MAE-AECI, agrupados por capítulos, ten un perfil concreto que
describe a quen vai dirixido, a súa dotación económica e os seus requisitos específicos, que debe
ser cuidadosamente consultado polos posibles interesados.
¿Quen as pode pedir?
Cidadáns estranxeiros e españois maiores de idade con estudos universitarios ou recoñecida
traxectoria en actividades artístico-culturais, segundo o programa de bolsas concreto que se
solicite. Para estudos cuxa duración sexa superior a seis meses, os posibles interesados non
deberán superar preferiblemente os 35 años de idade no ano 2004. No caso de estudos cunha duración
inferior, non existe dito límite de idade.
¿Para que son?
Para perfeccionamento de coñecementos lingüísticos e culturais do español para os
estranxeiros, e perfeccionamento de linguas estranxeiras para os españois, en Universidades e
centros superiores públicos e privados. Para estudos de doutorado, tesis doutoral, estudos
posdoutorais, investigación, cursos de posgrao de maestría, de especialización, de experto, outros,
en Universidades e centros superiores públicos e privados españois e estranxeiros. Para estudos
europeos, formación en cooperación cultural, especialización bibliotecaria, ampliación de estudos
artísticos e investigación de hispanistas en España e no exterior.
¿Que se requiere para solicitalas?
Se se trata dunha petición de bolsa nova requíerese:
Se se trata de solicitude de bolsa de renovación:
¿Como se solicitan?
A solicitude das bolsas realízase polo peticionario exclusivamente "on line" por Internet.
Asimesmo, as comunicacións da AECI cos interesados realizaranse tamén por Internet, a través de
correo electrónico. Para solicitar as bolsas débese cumprimentar en liña por Internet o formulario
de bolsa nova ou bolsa de renovación, segundo o caso, no enderezo electrónico:
http://www.becasmae.com/ ata o 21 de
decembro de 2003. Non debe deixarse para o último día a cumprimentación de dito formulario polo
risco de posible saturación da liña.
¿Que condicións económicas ofrecen?
¿Como é o proceso de selección?
As solicitudes de bolsa pasarán unha preselección, que valorará esencialmente o proxecto de
estudos, a súa motivación e aplicabilidade no país de orixe do solicitante, os seus méritos
académicos, a súa experiencia profesional, o seu currciculum vitae, as cartas de referencia, e
outros factores relevantes. As solicitudes preseleccionadas serán consideradas para a súa posterior
selección por unha Comisión de avaliación, que contará co asesoramento de expertos procedentes da
Universidade española, que realizará a proposta final de adxudicación de bolsas. Considerarase a
distribución das bolsas por países segundo os criterios de política de cooperación e cultural
exterior españolas.
¿Cando se solicitan?
Entre o 1 de outubro de 2003 e o 21 de decembro de 2003 (considerarase un prazo de
10 días para completar as solicitudes que o requieran).
¿Cando se adxudican? as bolsas deberán estar adxudicadas antes do comenzo do verán 2004. En todo caso, as bolsas deberán estar adxudicadas antes do inicio dos estudos correspondentes.
¿Que obrigas teñen os bolseiros?