Convocatoria PCI Iberoamérica, Mediterráneo e África Subsahariana 2009
Convocatorias anteriores
Convocatoria do Programa Interuniversitario de Cooperación (PCI) con Iberoamérica, Marrocos e Túnez
Resolución do Programa de Cooperación Interuniversitaria "Intercampus 2004" con Iberomérica
Resolución do Programa de Cooperación Interuniversitaria hispano-marroquí 2004.
Resolución do Programa de Cooperación Interuniversitaria hispano-tunecino 2004
O Programa Alban pretende reforzar a cooperación entre a Unión Europea e América Latina no ámbito da ensinanza superior e cubre estudos de posgrao (master ou doutorado) así como formación especializada superior para profesionais/futuros cadros directivos latinoamericanos en institucións ou centros na Unión Europea. Máis información
As "Bolsas MAE- AECI" constitúen a oferta da formación, xeralmente de posgrao ou terceiro ciclo, do Ministerio de Asuntos Exteriores de España -MAE- para xóvenes titulados universitarios superiores (e, nalgúns casos, estudantes) estranxeiros e españois. Máis información
A Acción Jean Monnet "Ensinanzas universitarias sobre a integración europea" é unha acción de información da Comisión Europea dirixida a facilitar a implantación de novas ensinanzas sobre a integración europea nas universidades por medio de subvencións á posta en marcha de ditas enseñanzas.
Por ensinanza sobre a integración europea enténdese o estudo da construcción da Europa Comunitaria e do seu desenvolvemento institucional, xurídico, político, económico e social. Máis información
Tempus é un dos programas da Comunidade Europea concebido para axudar a impulsar o proceso de reforma social e económica nos países asociados.
O programa céntrase no desenvolvemento dos sistemas de ensinanza superior de ditos países mediante a cooperación máis equilibrada posible cos asociados de todos os Estados membros da Comunidade Europea. Basease no entendimento de que as institucións de ensinanza superior son particularmente importantes no proceso de transición social e económica, así como para o desenvolvemento cultural; tamén son canteiras de coñecementos e recursos humáns, e asegurar a formación de novas xeracións de líderes políticos.
Obxectivos:
O programa ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento dos sistemas de educación superior nos países socios e a súa interacción coa sociedade civil e a industria. O programa Tempus non presta axudas á Investigación.
Tipos de subvencións:
- Os proxectos de Desenvolvemento de Planos de Estudos céntranse no contido e o método de ensinanza dos centros de ensinanza superior dos países asociados. O obxectivo consiste en crear ou actualizar cursos existentes e mellorar a preparación do corpo docente.
- Os proxectos de Xestión Universitaria céntranse na reestruturación da xestión, organización e administración de universidades.
- Os Cursos de Formación de Desenvolvemento Institucional céntranse no desenvolvemento das estruturas administrativas e institucionais dos países asociados mediante a organización de cursos encamiñados a mellorar os coñecementos prácticos e actualizar a preparación do persoal non académico.
- Os proxectos multiplicadores céntranse nunha divulgación amplia dos resultados dos proxectos Tempus a través de redes, co obxecto de extender o impacto dos froitos e as experiencias dos proxectos concluídos.
Países participantes:
As institucións e organizacións que poden participar no programa Tempus varían dende institucións de educación superior ata institucións non académicas como organizacións non gubernamentais, empresas comerciais e industriais e autoridades públicas.