Listaxes dos grupos do programa PAE [pdf - 52Kb][Modificado: 31/10/2007]
A USC, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Soliedariedade, está preparando para o vindeiro curso este programa dentro das actividades enmarcadas no programa de voluntariado de acción lingüística (VAL).
Que podes facer no PAE?
Os voluntarios do programa proporcionaranlles orientación e apoio aos estudantes estranxeiros que chegan a Santiago ao abeiro dos programas de intercambio para que se poidan adaptar o antes posible á USC e ás sociedade galega. Deste xeito poderanse crear novas relacións de amizade, profesionais, académicas ou científicas con xente doutras partes do mundo.
Apúntate
Se queres participar neste programa e compartir as túas experiencias con mozos e mozas doutras culturas, só tes que inscribirte na páxina do VAL. Lémbrate de poñer PAE nas observacións.
Se precisas máis información, escribe a voluntariado@amesanl.org.