Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Relacións Exteriores  »  Programa de estudantes visitantes

Programa de estudantes visitantes

Aviso: O programa NON É APLICABLE nin a estudantes procedentes de Programas de Intercambio (como por exemplo SOCRÁTES-ERASMUS), nin a aqueles que cursen estudos no marco de convenios bilaterais entre a Universidade de Santiago e outras Universidades.

Información sobre o PROGRAMA DE ESTUDANTES VISITANTES:

Aínda que non hai datas límite definitivas, prégase encarecidamente aos estudantes que envíen as súas solicitudes de estudante visitante polo menos UN MES antes do comenzo do cuatrimestre no que desexe vir á Universidade de Santiago:

1er cuatrimestre: principios de outubro-principios de febreiro

2º cuatrimestre: principios de febreiro-finais de xuño

Os estudantes nacionais/estranxeiros dirixirán os seus impresos de Solicitude de Estudante Visitante ao Director do Servizo de Xestión Académica (Pavillón Estudantil. Campus Sur. 15782. Santiago de Compostela). Unha vez aprobada a súa solicitude, este Servizo poñerase en contacto co estudante, preferiblemente por correo electrónico (e-mail).

Formulario de solicitude: http://www.usc.es/sxa/index.php?vista=visitantes

Todos os estudantes deben ter un seguro médico completo antes de matricularse (non é necesario un seguro de responsabilidade civil). Os cidadáns de países membros da UE deberán solicitar no seu país o formulario E-111 o E-128. Os solicitantes de outros países deberán traer un seguro médico privado ou contratar un en España antes de matricularse.

Os estudantes de países fóra da Unión Europea deberán poñerse en contacto coa súa Embaixada Española ou Consulado máis cercano para informarse sobre as condicións de entrada legal en España. Estes estudantes recibirán unha carta de aceptación para facilitarlles o trámite dun visado de estudante.