Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Oficina de Xestión de Infraestruturas

Oficina de Xestión de Infraestruturas

Enderezo

OXI Lugo
Planta 4 superior - Pavillón 4
Facultade de Veterinaria
Campus Lugo
27002 - Lugo
Teléfono: 982285997
Correo electrónico: Antonio.Bures@si.usc.es

Campus de Santiago
Avda. das Ciencias 4
Campus Vida
15782 - Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 14322
Fax: 981547192
Correo electrónico: oxestin@usc.es

Descrición

A Oficina de Xestión de Infraestruturas da Universidade de Santiago de Compostela é o departamento técnico da Universidade de Santiago responsable do mantemento das instalacións eléctricas, iluminación interior, fontanaría, caldeiras, calefacción, auga quente sanitaria, climatización, aire acondicionado, sistemas de refrixeración, centros de transformación, grupos electróxenos e ascensores pertencentes a todos os edificios e edificacións propiedade da Universidade, así como iluminación pública, instalacións urbanas, distribución de electricidade que dependen desta. Estas tarefas son realizadas por persoal propio da OXI, empresas e profesionais exteriores contratados. Ademais a OXI ofrece apoio técnico para diversos temas relacionados cos campos anteditos que xorden a miúdo na USC.

O mantemento das instalacións busca asegurar un óptimo estado de funcionamento e a mínimo custo; para iso utilízase o mantemento preventivo (evitar os fallos antes de que se produzan), predictivo (inspeccións programadas) e, no caso da aparición de fallos nas instalacións, procédese ao mantemento correctivo solucionando as avarías existentes no prazo máis curto posible e a mínimo custo. Na Oficina de Xestión de Infraestruturas realizamos tamén o estudo e a análise das avarías rexistradas para atopar as súas causas e minimizalas no futuro.

A OXI colabora no Plan de Optimización Enerxética da Universidade de Santiago de Compostela: o seu persoal realiza as tarefas de operador de control. Este operador dispón de ferramentas para controlar mediante un sistema de telecontrol o funcionamento de diferentes instalacións de cincuenta e un edificios situados en Santiago dende unha oficina; en caso de avaría avísase os responsables do centro e as persoas que deben resolver a avaría.

Son competencia da Oficina de Xestión de Infraestruturas as instalacións do Campus Sur, Campus Norte e Centro Histórico de Santiago de Compostela, así como as do Campus de Lugo.