Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Programa de Formación e Innovación Docente  »  Actividades de Formación Docente para Profesorado Non-Universitario

Actividades de Formación Docente para Profesorado Non-Universitario

A USC, a través da Vicerreitoría de PDI e ao abeiro do Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades de formación permanente do profesorado, convoca a presentación de proxectos de actividades formativas para o profesorado non universitario, a desenvolver durante o ano 2011. Este cursos terán o recoñecemento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para os efectos oportunos (ver Acordo de colaboración)

As persoas interesadas (profesores/as, grupos, centros) en participar deben enviar as súas propostas de accións formativas segundo o modelo que se acompaña no documento adxunto. As actividades estarán dirixidas, exclusivamente, ao persoal docente. A duración delas non poderá ser inferior a 8 horas e só en casos excepcionais poderá superar as 30 horas. Non se poderán certificar máis de 4 horas nun día xeral, nin máis de 8 nun día non lectivo. O horario terá que ser compatible coa actividade docente dos profesores non universitarios.

 
As diferentes propostas recibidas serán posteriormente remitidas á Comisión de Seguimento establecida no referido acordo de colaboración onde se procederá a súa selección. A resolución será comunicada oportunamente ás persoas interesadas.
 
Data límite de presentación: 24 de abril 2011
 
As propostas deben estar dirixidas á Vicerreitora de Persoal Docente e Investigador e ser enviadas ao Programa de Formación e Innovación Docente (PFID). E-mail: pfid@usc.es e a través do Rexistro Xeral da USC.

Actividades Formativas de todo 2011

NOME
ORGANIZADORES
DATAS E LUGAR
Construíndo un entorno persoal de aprendizaxe
Cecilia Criado Boado
Tlf:8818 11887
1 - 5 novembro
Santiago de Compostela
Fluxos migratorios: cidadanía e dereitos
Ramón López Suevos
Tlf:8818 11572
8 - 9 setembro
Santiago de Compostela
Jornadas RSME de Transferencia y Matémática Industrial
Peregrina Quintela Estévez
Tlf:8818 13223
12 - 14 xullo
Santiago de Compostela
Profesores de Clásicas na web 2.0
Mª José Martín Velasco
Tlf:8818 11850
17 ao 31 de outubro
Santiago de Compostela
I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero: As mulleres na Historia de Galicia
Mª del Carmen Rodríguez González
Tlf:8818 12614
6 - 8 abril
Santiago de Compostela
I Xornadas de formación, educación, xénero e igualdade para o profesorado non universitario.
Rita María Radl Philipp
Tlf:8818 13810
4 - 6 maio
Santiago de Compostela
IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas - VIII Reunión Nacional de ESTALMAT
Juan M. Viaño Rey
Tlf:8818 13188
8 - 10 abril
Santiago de Compostela
V Seminario e III Xornadas de atención educativa ao alumnado inmigrante. Experiencia e Innovación
Miguel A. Santos Rego
Tlf:8818 13755
11 - 12 novembro
Santiago de Compostela
XIII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo: mobilidade, formación e emprego no ámbito transfronterizo.
Antonio Florencio Rial Sánchez
Tlf:8818 13863
14 - 15 xullo
Santiago de Compostela
 

Cursos de verán 2011

TÍTULO
ORGANIZADORES
DATAS E LUGAR
A muller e os fluxos migratorios en Galicia: educación e desenvolvemento social
Mar Lorenzo Moledo
Tlf:8818 13758
26 – 29 xullo
CALDAS DE REIS
A torre dos moreno e a arte do seu tempo. Emigración, patrimonio cultural e restauración
José Manuel López Vázquez e Juan Manuel Monterroso Montero
Tlf:8818 12678 / 8818 12716
20 – 22 xullo
RIBADEO
A voz como ferramenta de traballo na profesión docente. Recursos e estratexias de emprego
Mª José Fiuza Asorey
Tlf:8818 21065
19 – 21 xullo
LUGO
Agroecoloxía e desenvolvemento rural
Xan Neira Seijo
Tlf:8818 23257
27 e 28 xullo
RIBADEO
Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS
Tomás Fernández Pena
Tlf:8818 13576
23 e 30 xullo, 3 agosto
SANTIAGO
Como localizar aplicativos ao galego – Aprende traducindo
Enrique Estévez Fernández
Tlf:8818 16341
5 – 8 setembro
SANTIAGO
Cuartas leccións xacobeas internacionais na USC: os sentidos no Camiño
Miguel Taín Guzmán
Tlf:8818 12605
20 – 21 xullo
SANTIAGO
Documentos e presentacións científicas: LaTeX
Rosana Rodríguez López
Tlf:8818 13368
18 – 22 xullo
SANTIAGO
Educación inclusiva para o desenvolvemento comunitario – sostible
Germán Vargas Callejas
Tlf:8818 13820
21 2 22 xullo
SANTIAGO
Mediación con menores: escolar, familiar…
Raquel Castillejo Manzanares
Tlf:8818 14637
19 – 22 xullo
VILAGARCÍA DE AROUSA
Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: educar para a igualdade de trato
Mª José Méndez Lois
Tlf:8818 13761
19 – 22 xullo
LALÍN
O Camiño de Santiago: comunicación e dinamización económica
Luís Celeiro Álvarez
Tlf:8818 11101
26 – 30 xullo
SARRIA
O compromiso social da xuventude: participación e aprendizaxe-servizo
Miguel Anxo Santos Rego
Tlf:8818 13755
18 – 21 xullo
SANTIAGO
O medioambiente en Galicia: unha visión interdisciplinar
José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez
Tlf:8818 14255 / 8818 14249
18 – 21 xullo
SANTIAGO
O patrimonio da serra do Courel
Javier Guitián Rivera
Tlf:8818 14978
5 – 8 setembro
COUREL
Paisaxes simbólicas na nosa cultura
Roxelio Pérez Moreira
Tlf:8818 23121
20 – 22 xullo
GUITIRIZ
Razas autóctonas de Galicia e os seus produtos tradicionais
Antonio Iglesias Becerra e Xesús Feas Sánchez
Tlf:8818 22404
7 – 9 setembro
IBADER - LUGO
Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar
Tomás Fernández Pena
Tlf:8818 13576
18 – 22 xullo
SANTIAGO
Xornadas de actualización na problemática fitosanitaria do viñedo
Mª Jesús Sainz Osés
Tlf:8818 22438
8 e 9 setembro
RIBADUMIA
X Xornadas de Historia da Educación. Paisaxe e excursionismo: os proxectos educadores na natureza
Eugenio Otero Urtaza
Tlf:8818 21015
19 – 22 xullo
FOZ
Xudeus, musulmáns e cristiáns: tres perspectivas diferentes chamadas a entenderse
Victorino Pérez Prieto e Javier Barcia
Tlf:8818 12513
8 e 9 setembro
SANTIAGO
2011 ano internacional dos bosques: unha aproximación desde Galicia
Manuel Antonio Rodríguez Guitián
Tlf:8818 23103
19 – 22 xullo
IBADER E COUREL

 Publicado na web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/web/node/2868