Para consultar a relación de actividades do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) nos que se matriculou dende o inicio do mesmo no curso 2003/2004 pode facelo a través dun enlace existente na Secretaría Virtual do Persoal Docente e Investigador.
Premendo no enlace Estadística de PFID existente na Secretaría Virtual do PDI pode ver un resume da súa situación e unha táboa resume con todos os cursos (Código e nome) nos que se inscribiu coa indicación de si estivo matriculado (Seleccionado), se asistiu (Diploma asistencia) e o número de horas (Nº Horas) de cada curso.
No caso de que non dispoña de secretaría virtual (só neste caso), pode enviar unha mensaxe, indicando o seu NIF (ou NIE no caso de estranxeiros), solicitando esta información a dirección de correo electrónico: formacion.innovacion@usc.es