Programa de Formación e Innovación Docente (PFID)
Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/pfid
Presentación
O Programa de Formación e Innovación Docente ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional dos profesores universitarios.
As actividades do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) están destinadas ao Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade de Santiago de Compostela que exerce ou colabora na docencia reglada: profesores/as dos corpos docentes universitarios e profesores/as contratados, investigadores contratados dos programas Parga Pondal, Ramón y Cajal ou investigadores/as Ángeles Alvariño e bolseiros/as-contratos predoutorais (FPI, FPU, María Barbeito, PREU)
Para dar resposta as necesidades dun colectivo tan amplo e diverso, o PFID establece unha oferta axeitada ás necesidades específicas dos grupos de destinatarios que se estrutura en diversas propostas:
- Plan Xeral de Formación, está dirixido a profesores/as en activo e investigadores/as Ramón y Cajal e Parga Pondal con carga docente no POD do curso vixente e promove con diversas modalidades de cursos levar á práctica as aprendizaxes promovidas e reflexionar con outros profesores/as sobre a experiencia na aula.
- Plan de Formación de Novéis, que se crea no curso 2010-11, está dirixido a investigadores Ramón y Cajal, Parga Pondal que non participan no POD, ou investigadores/as Ángeles Alvariño e bolseiros/as-contratos predoutorais (FPI, FPU, María Barbeito, PREU). Esta nova oferta créase coa finalidade de dar apoio a aquelas persoas que se inician na carreira docente universitaria e cuxos programas contemplan a posibilidade de participar no POD e esixen unha formación neste ámbito.
- A oferta de ámbolos dous plans xirará entorno a cursos de carácter xeral ou específico agrupados nos seguintes ámbitos formativos:
- Tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á docencia.
- Metodoloxía: estratexias de ensino-aprendizaxe, titoría, avaliación.
- Desenvolvemento profesional
- Inclúense diversas actividades en colaboración con outros servizos da USC: Servizo de Normalización Lingüística, Oficina de Igualdade de Xénero, Servizo de Prevención de Riscos, etc.
- Formación a demanda: Axudas para o desenvolvemento de actividades de formación en centros e Recoñecemento de actividades de formación do PDI. As actividades teñen que tratar temáticas dos ámbitos do programa xeral. En ditas actividades establecerase a posibilidade -se así o determina o centro- de que ata un máximo do 10% dos participantes sexan novéis (investigadores Ramón y Cajal e Parga Pondal que non participan no POD ou investigadores/as Ángeles Alvariño e bolseiros/as-contratos predoutorais (FPI, FPU, María Barbeito, PREU)).
- Proxectos de Innovación Educativa e exemplos de Boas prácticas: axudas orientadas a profesores/as ou grupos de profesores/as que propoñan unha innovación cara a mellora ou a resolución de problemáticas asociadas a súa práctica nunha ou varias materias e que avalíen a súa incidencia no proceso de ensino-aprendizaxe. Aquelas innovacions máis destacadas poderán recibir axudas complementarias para a súa sistematización como exemplos de boas prácticas e transferencia a outras situacions de ensinanza-aprendizaxe, e integraranse nunha base de datos institucional.
- Proxectos de Creación de materiais didácticos dixitais para a docencia: axudas para a creación de materiais dixitais que favorezan unha aprendizaxe activa e autónoma dos estudantes no contexto do programa dunha ou varias materias oficiais. Os materiais integraranse no repositorio institucional de contidos.