Modalidades de formación
O Programa de Formación e Innovación Docente ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional na universidade no marco do EEES.
Para tentar dar resposta a esta finalidade, o PFID contempla unha formación, para o curso académico 2008-2009, estruturada nos seguintes piares fundamentais:
- Programación oferta xeral de formación . Cursos propostos polo PFID de carácter xeral ou específico agrupados nos seguintes itinerarios formativos:
- Tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á docencia.
- Estratexias de ensino-aprendizaxe.
- Avaliación.
- Titoría e orientación.
- Desenvolvemento profesional: investigación, xestión, linguas.
- Formación a demanda . Actividades de formación propostas polos centros.
- Seminario permanente sobre o EEES . Espazo de formación e de intercambio centrado en temáticas específicas e na difusión de boas prácticas.