O Plan de Formación a Demanda do Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela é unha iniciativa de formación permanente destinada a recoller as actividades de formación do PDI propostas polos centros. Ten como obxectivo contextualizar e adaptar a formación ás necesidades específicas dos centros e asemade estimular a participación na formulación das actividades de formación no ámbito da docencia, a investigación e a xestión de cara a contribuír á estratexia de mellora da calidade docente e investigadora do profesorado.
A vía de colaboración dos centros educativos da USC co Plan de Formación a Demanda realizarase baixo dúas modalidades: axudas para o desenvolvemento de actividades de formación en centros e recoñecemento de actividades de formación do PDI.
Esta modalidade ten como finalidade propiciar a participación dos e nos centros, financiando a posta en marcha de actividades que supoñan unha mellora na implantación da oferta formativa no centro, para un número de profesores/as en activo e investigadores/as Ramón y Cajal e Parga Pondal con carga docente no POD do curso vixente que dexesen mellorar as súas prácticas e que sexa avaliable o seu impacto no centro. Estas actividades terán a mesma entidade e recoñecemento que os cursos ofertados na programación xeral de formación do PFID.
O máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 20 horas.
O número mínimo de participantes será de 10 persoas
A contía da axuda económica será dun máximo de 1.100€ por centro é poderá ser solicitada unha soa vez durante o curso académico
Esta modalidade ten como obxectivo recoñecer actividades de formación para o PDI realizadas e financiadas dende os propios centros docentes e de investigación, departamentos e grupos de profesorado da USC que desexen mellorar as súas prácticas e que sexa avaliable o seu impacto no centro.
O máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 15 horas.
O número mínimo de participantes será de 10 persoas.
Só se poderán recoñecer un máximo de dúas accións por centro ou departamento e unha acción por grupo de profesorado.
Quedan excluídas desta modalidade: congresos e xornadas de difusión do coñecemento, dado que non se trata de actividades de formación de PDI propiamente ditas e xa contan cos seus propios mecanismos de certificación e recoñecemento.
Formularios para Axudas o desenvolvemento de actividades de formación:
Formularios de Recoñecemento de actividades de formación do PDI :
Período de solicitude e matrícula do plan a demanda: O período de solicitude permanecerá aberto todo curso. A solicitude será dirixida á Coordinación do PFID da USC ,que unha vez autorizada, publicará a actividade na aplicación do PFID. No caso da modalidade de axudas, os solicitantes poderan preinscribirse polo procedemento ordinario do PFID. No caso de recoñecemento consultarase co PFID o procedemento de preinscripción.
As actividades desenvolveranse entre os meses de setembro e xullo do curso vixente.