Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Planificación e Programación de PAS

Servizo de Planificación e Programación de PAS

Ir á web propia

Enderezo

Servizo de Planificación e Programación de PAS
Casa da Balconada
Rúa Nova, nº 6
15782 Santiago de Compostela
Tfno.:  881 813 401
Fax: 881 811 328
Correo electrónico: splanificacion.pas@usc.es

Descrición

O Servizo de Planificación e Programación de Persoal de Administración e Servizos (PAS), configúrase como a unidade de apoio técnico á xerencia, para o desenvolvemento da política de persoal de administración e servizos da USC, centrándose a súa actividade fundamentalmente en tres aspectos: planificación dos cadros de persoal, provisión de postos e selección dos  recursos humanos necesarios e a súa formación continúa.

Para a consecución desta misión ten encomendadas como funcións principais as seguintes: avaliación das necesidades de persoal e de formación, definir os perfís dos  postos, elaboración das propostas de cadros de persoal, elaboración das ofertas de emprego, xestión dos procesos de selección e de provisión de postos, elaboración e xestión do plan de formación, funcións de apoio e soporte técnico e administrativo aos tribunais de selección e provisión de postos.

É tamén competencia do servizo a elaboración de propostas de regulamentación, informes, memorias ou estudos que sirvan de soporte aos órganos de goberno para a toma de decisións, así como facilitar a información aos órganos de representación da universidade de Santiago de Compostela.