Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Publicacións e Intercambio Científico  »  Coleccións  »  Clásicos do Pensamento Universal

Clásicos do Pensamento Universal

Esta colección está coeditada coa      logo BBVA       (www.fbbva.es).

En todas as linguas modernas de relevancia cultural existen coleccións de clásicos do coñecemento, concibidas como unha antoloxía daqueles textos fundamentais na evolución da Humanidade consonte o impacto que, cada un nas súas circunstancias históricas específicas, provocaron na configuración das mentalidades. Con esta colección, a Universidade quere configurar unha biblioteca que reúna obras indispensables do pensamento universal presentándoas en esmeradas traducións ao idioma galego, vertidas directamente dende a lingua orixinal por profesores universitarios, especialistas na materia de que se trate. Cada título vai precedido, ademais, por un breve estudio, elaborado por outro experto, que introduce ao lector na obra e autor e dá conta do seu contexto histórico.


O Príncipe

NICOLÁS MAQUIAVELO
O PRÍNCIPE

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 1
16x24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2002, 172 páxs.   ISBN 84-9750-003-2. 
P.V.P. 18 €

Tradución de Isabel González.
Prólogo de Manuel M. de Artaza.

O Principe ten sido, dende a súa publicación en 1532, unha das obras máis comentadas, polémicas, apreciadas ou deostadas do pensamento político europeo.


Introducción o estudio da medicina experimental

CLAUDE BERNARD
INTRODUCIÓN Ó ESTUDIO DA MEDICINA EXPERIMENTAL

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 2
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
2002,  340 páxs.   ISBN 84-9750-005-9.  
P.V.P. 21 €

Tradución de Xesús B. Otero Costas 
Prólogo Carlos Acuña Castroviejo

Claude Bernard, na súa Introducción ó estudio da medicina experimental (París, 1865), establece formalmente o que é a ciencia médica -a medicina científica- asentada na experimentación, como único medio de coñece-las causas dos fenómenos fisiolóxicos: as súas causas próximas, o seu determinismo.


Política

ARISTÓTELES
POLÍTICA

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 3
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
2003,  321 páxs.  ISBN 84-9750-143-8 
P.V.P. 21 €

Tradución ó galego de Juan José Moralejo Álvarez
Prólogo de Pedro López Barja de Quiroga

Aristóteles (Estágiro, 384 a.C.-Calcis 322 a.C.) é un dos alicerces da tradición cultural europea nos seus máis variados eidos. Os oito libros da Política non teñen toda a coherencia de conxunto desexable, como obra esotérica que son, nin xustifican a gabanza que Cicerón fixo da prosa aristotélica como aureum flumen, pero, aínda así, son unha das obras clásicas con máis pegada na tradición cultural que Europa ten e proxecta ós demais continentes. Na Política está o concepto do home como zôon polítikón, animal político ou social, capaz de ser e dar unha politeía ou constitución na que o poder, sempre repartido, sexa da colectividade e non de clases, individuos ou grupos.
Non hai en Aristóteles máis que sentido común, realismo, e experiencia intelectual eticamente optimista verbo do individuo en comunidade libre e soberana para decidir do seu presente e do seu futuro. A Política fai renuncia crítica das utopías e dos antollos intelectuais e éticos do seu mestre, Platón, sempre na base das constitucións ou réximes “ideais”, que adoitan ser pesimismos antidemocráticos, totalitarios, inhumanos. En lectura ben peneirada, a Política aínda é, e sempre será, un clásico.


A orixe das especies

CHARLES DARWIN
A ORIXE DAS ESPECIES

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 4
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
2003, 709 páxs.   ISBN 84-9750-144-6 
P.V.P. 32 €

Tradución de Emilio Valadé del Río
Prólogo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira

En poucas ocasións, un libro marca un antes e un despois na historia dunha ciencia. En moitas menos, na historia do pensamento. Iso é o que ocorre con A Orixe das Especies de Charles Darwin, obra aparecida en 1859 e divulgada con inusitada rapidez. Recollendo as investigacións dos grandes zoólogos e botánicos anteriores a el, como Asa Gray, Louis Agassiz, Gärtner, De Candolle ou Kölreuter, así como as achegas de Lyell en xeoloxía e paleontoloxía, Darwin constrúe a súa sólida hipótese evolutiva. O lector de hoxe, como o de toda época, ficará abraiado perante a multitude de datos considerados polo autor e extraídos do mundo dos seres vivos, tanto animais como vexetais, en moitos casos froito da súa propia experiencia, e todos eles capaces de seren explicados segundo a hipótese proposta: a acción da selección natural sobre as poboacións naturais.
A Orixe das Especies foi un libro revolucionario, mesmo máis revolucionario do que pretendeu o seu propio autor. A lectura deste clásico do pensamento científico revela sen dúbida o carácter tenaz e rigoroso de quen propuxo ó mundo científico unha hipótese definitiva verbo da orixe das especies.


O sistema do mundo

ISAAC NEWTON
O SISTEMA DO MUNDO

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 5
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas 
2004,  159 páxs.  ISBN. 84-9750-275-2 
P.V.P. 18 €

Tradución de José Manuel Díaz de Bustamante
Prólogo de Carlos Pajares Vales

Entre os autores e as obras máis importantes e influintes de toda a historia da humanidade encóntrase indubidablemente sir Isaac Newton e os seus Principios matemáticos da Filosofía natural (Philosophiae naturalis Principia mathematica, Londres, 1687). En 1728 -un ano despois da morte do sabio- o libro terceiro dos Principios, De mundi Systemate, foi editado como libro independente, obra que, na súa traducción ó galego e baixo o título O sistema do mundo, fai o volume 5 da colección Clásicos do Pensamento Universal.
Malia determinante influencia da obra de Newton xa non só nas ciencias naturais e exactas (física, astronomia, matemáticas...) senón ainda nas ciencias sociais (especialmente na economía), os principios foron traducidos do seu latín orixinal a outras linguas de cultura moi tardiamente: ó alemán en 1872, ó ruso en 1916 e, xa ben metidos no século XX , ó sueco, xaponés, romanés e italiano.
A primeira edición castelá é de 1982. Isto levou a algún especialista a afirmar que ningunha obra tan fundamental sufriu en grao semelllante o destino dunha influencia tan abafante cunha tan completa falla de presencia física. Aínda recoñecendo que o texto non é un manual accesible, estamos sen dúbida perante unha obra capital, que marca un dos puntos de inflexión máis importantes na historia do pensamento científico.


Eloxio da loucura

ERASMO DE ROTTERDAM
ELOXIO DA LOUCURA

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 6
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2004,  221 páxs.  ISBN 84-9750-370-8 
PVP 19.76 €

Tradución de Manuel Enrique Vázquez Buján
Prólogo de Ofelia Rey Castelao

Na súa obra máis coñecida, aquela que escandalizou ou divertiu á Europa do seu tempo dende a súa aparición en 1511, a proverbial ambigüedade de Erasmo maniféstase en toda a súa amplitude, e iso comenzando polo propio título.Morías encomion -equivalencia grega de stultitiae laus - permite a Erasmo xogar coa similitude do apelido do seu amigoThomas More, a quen a obra vai dedicada. Pero os termos grego e latino non son equivalentes: mentres stultitiae indica unha actitude humana - tontería, fatuidade -, moría é o defecto físico ou mental dunha persoa nun senso deprecatorio.Pola moría o home cae baixo un poder que confunde o seu pensamento e o induce a accioóns insensatas. Erasmo identifica na moríaa guía que goberna o mundo, a raíz profunda das forzas do home, non racional, abismal. O home só se manifesta de verdade a través da loucura ou necidade, á que Erasmo atribúe un poder metafórico. No Eloxio, a Loucura, ou a Necidade, pronuncia un discurso en primeira persoa perante un auditorio de eruditos e declara falar sen regras e sen límites, porque afecta a todos sen exclusión, e, aínda sendo a única responsábel dos erros humanos, axuda ao home a vivir porque lle proporciona alegría e espontaneidade.


O computador e o cerebro

JOHN VON NEUMANN
O COMPUTADOR E O CEREBRO

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 7
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2006,  113 páxs.  ISBN 84-9750-526-3 
PVP 18 €

Tradución de Elisardo Antelo Suárez
Prólogo de Senén Barro Ameneiro

Moi poucos libros resisten o paso do tempo, sobre todo aqueles que se orientan a ámbitos científicos ou tecnolóxicos. Nun mundo no que o coñecemento e os desenvolvementos tecnolóxicos aumentan freneticamente, os libros, incluso aqueles que viron a luz con grande expectación e acerto, fican axiña superados por outros que van máis alá ou incluso refugan as achegas dos primeiros. Aínda así, algúns destes libros seguen sendo de enorme interese, non tanto pola vixencia plena dos seus contidos canto polo acerto dos seus autores para situar ao lector nun nivel de reflexión, de sentido crítico relativo ao saber, que non entende de anos nin de momentos. Sen lugar a dúbidas, tal é o caso deste libro, publicado postumamente en 1958 e debullado durante a tráxica enfermidade do seu autor, quen finou deixando o texto en boa medida incompleto e non axeitadamente organizado; carente, en definitiva, dos repasos que permitirían proporcionar unha forma máis acabada ao seu contido, pero aínda así unha xoia do pensamento científico que se proxecta desde o mundo do natural ao mundo do artificial, e deste a aquel, e volta a empezar. Unha obra clave nas orixes da tecnoloxía da computación.


Emilio ou da educación

JEAN-JACQUES ROUSSEAU
EMILIO OU DA EDUCACIÓN

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 8
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
2006, 739 1 páxs.  ISBN 84-9750-609-X
PVP 35 €

Tradución de Henrique Harguindey
Prólogo de Herminio Barreiro

Famosa novela pedagóxica, tratado sobre educación, historia antropolóxica, manual de puericultura, ensaio sociolóxico, relato histórico, libro de viaxes... Emilio é un abigarrado fresco do seu tempo e daquel século ao que Ortega chamaría «o século educador» por excelencia.
Ler Emilio hoxe é ler unha novela romántica sobre a infancia, ou un variado, pero tamén, ás veces, retórico e grandilocuente tratado de educación, como dalgún xeito se fai constar case como subtítulo da obra. Cinco partes, cinco libros, cinco perspectivas da infancia e da adolescencia que nos ofrece o fundador da psicopedagoxía e da ciencia da infancia, en pleno século XVIII, movéndose sempre entre a orixinalidade, a provocación e a polémica. Porque a publicación de Emilio, en 1762 pasou a ser case de inmediato un acto subversivo e revolucionario, de xeito que o libro e o seu autor pasaron axiña a ser, respectivamente, prohibido e perseguido. Emilio é, sen dúbida, o cerne arredor do cal xira a revolución copernicana que, no eido da pedagoxía, levou a cabo aquel ilustrado singular que foi Jean-Jacques Rousseau.


A ética protestante e o espirito do capitalismo

MAX WEBER
A ÉTICA PROTESTANTE E O "ESPÍRITO" DO CAPITALISMO

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 9
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2007, 270 páxs.  ISBN 84-9750-613-7
PVP 21 €

Tradución de Xosé Manuel García
Prólogo de Ramón Maiz

A ferventía do debate en derredor dos argumentos de A ética protestante e o espírito do capitalismo deu lugar ata hoxe e desde as datas mesmas da súa aparición en 1904-1905 a unha bibliografía inmensa, de feito inabarcable. E así, desde a crítica á inadecuación empírica da tese respecto ao calvinismo ata a tautoloxía da articulación entre ética calvinista e espírito capitalista, pasando pola problemática relación unidireccional do calvinismo co capitalismo, milleiros de páxinas teñen discutido, a seguen a facelo.
A ética protestante e o espírito do capitalismo segue a provocar e sorprender ainda hoxe pola complexidade dunha argumentación requintada, sutil e extraordinariamente produtiva para a discusión, tanto teórica como empírica, nas ciencias sociais das que constitúe, sen dúbida, un dos seus clásicos imperecedoiros.


Platón
PLATÓN
TEETETO, OU DO COÑECEMENTO

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 10
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2008, 135 páx.  ISBN 84-9750-916-9
PVP 19 €

Tradución de Teresa Amado Rodríguez
Prólogo de Carlos Baliñas Pérez

Cando lemos a Platón estamos lendo os textos onde Occidente aprendeu a pensar razoadamente en "discurso". A débeda da cultura occidental con Platón é incalculable.
Creou a base dun vocabulario filosófico ainda en uso. Foi o primeiro en formular unha chea de temas transcendentes sobre o que deixou suxerencias ineludibles.
Teeteto é unha referencia imprescindible para comprender toda a filosofía platónica o que xustifica dabondo a súa presenza nesta colección. 

Sigmund Freud

SIGMUND FREUD
CONFERENCIAS DE INTRODUCCIÓN Á PSICANÁLISE

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 11
16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. 
2008, 546 páx.  ISBN 978-84-9750-918-3
PVP 35 €

Tradución de María José Noya
Prólogo de Fernando Márquez Gallego


tratado elemental de química

 

 

 

 

 
 
 

ANTOINE LAURENT LAVOISIER
TRATADO ELEMENTAL DE QUÍMICA

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 12
16x24 cms. Seda con sobrestanpación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
2009, 542 páx. ISBN 978-84-9887-131-9
PVP 36 €

Tradución de Sergio Casas Fernández y Mª Victoria Castaño Palazón
Prólogo de Manuel R. Bermejo